Evitar navegación.
Principal

Premio Mil Primaveras ao noso Plan de desconfinamento da lingua galega

   

“Que hai máis innovador que adaptarse ás circunstancias da pandemia?”. Con esa frase comeza o argumentario do xurado que nos concedeu o Premio Mil Primaveras da CTNL ao proxecto máis innovador de fomento do galego. Foi polo noso Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega posto en marcha o curso pasado durante os meses que tivemos que estar pechados nas casas.

Para falar deste proxecto, o ideador do mesmo, Nel Vidal, xunto con tres alumnas de 1º de Bacharelato, Adriana, Noelia e María, foron entrevistados na Radio Galega, entrevista que se pode escoitar aquí: O plan de desescalada aplicado á lingua: premiadas por desconfinar o galego

Tamén La Opinión de A Coruña publicou a seguinte noticia: “Un proxecto do instituto Blanco Amor gaña un premio de normalización lingüística

 

Estamos realmente orgullosos de todos os participantes e colaboradores, tanto profesorado como alumnado, departamento de Lingua e Literatura Galega, equipo de Dinamización, e especialmente do seu creador, Nel Vidal.

Parabéns!!!