Evitar navegación.
Principal

Avisos

XA TEMOS EQUIPO DE FÚTBOL

 

No IESEBA xa contamos cun equipo de fútbol. 

Aquí tedes un "collage" cos nosos futbolistas.

O seu bautizo terá lugar no campionato metropolitano do que vos teremos puntualmente informados.

Se tedes algunha suxerencia enviade un comentario, pero recordade que o admin os vai filtrar e non publica nada anónimo ou ofensivo.

Vémonos

Sistema Educativo Galego

 

Recentemente publicouse na páxina web da Consellería de Educación a guía do sistema educativo galego en dez idiomas aquí tes o enlace en dous deles.

 GUÍA   DO   SISTEMA   EDUCATIVO   GALEGO

 en galego

en castelán 

O CALCULISTA MÁIS RÁPIDO DO MUNDO NO IESEBA

O pasado 5 de Maio JAIME GARCÍA SERRANO, o calculista matemático máis rápido do mundo con 5 RECORDS GUINNESS, visitou o I.E.S. Eduardo Blanco Amor de Culleredo onde realizou 6 exhibicións para o alumnado do centro.

Tanto no Telexornal mediodía da TVG do mesmo 5 de maio como nos diarios do 6 de maio quedou reflexada a relevancia da súa visita.

 

Distribuir contenido