Evitar navegación.
Principal

Alumn@s protagonistas

Alumn@s protagonistas

1. Irene Losada Bestilleiro (4ºA) e Alejandro Fernández Marzoa (4ªB) foron 2 de entre os 1000 candidatos que conseguiron unha das 80 prestixiosas becas da Fundación Amancio Ortega para cursar 1º de bacharelato en Canadá. ¡Noraboa!

2. Os alumnos Yannick Juncal García (1ºBAC-C) e Noelia Bacariza Moreno (4ªESO-C) participaron nun programa da TVG que podedes ver no seguinte enlace

3. Xa temos o fallo do xurado do concurso de fotografía de Nadal:

4. Comenzamos campaña de limpeza. Máis información no arquivo adxunto. Iremos colgando imaxes da recollida de lixo no apartado CAMPAÑA LIMPEZA 2017 dentro do bloque ALUMNADO. Tamén se pode acceder dende aquí.

5. Estanse a colgar as fotos das actividades deste curso. Podedes acceder dende o apartado RESEÑAS ACTIVIDADES que se atopa dentro do menú ACTIVIDADES da esquerda. Tamén podedes facelo directamente dende aquí.

 

UNHA ALUMNA DE 1º A SELECCIONADA PARA O PROXECTO ESTALMAT

 A alumna Júlia Misaki Anguera de 1º ESO A foi seleccionada par o proxecto ESTALMAT GALICIA, na convocatoria celebrada na Facultade de Matemáticas de Santiago o día 6 de xuño de 2015.

Este  é un Proxecto para a Estimulación do Talento para estudiantes de 12 e 13 anos da Comunidade de Galicia.

 

NORABOA!!!!

Fase Final da Olimpiada Matemática

Unha boa noticia para toda a comunidade educativa do IES Blanco Amor!!!


O alumno Alejandro Fernández Marzoa do  curso 2º G, foi clasificado para a Fase Final da Olimpiada Matemática galega de 2º ESO que se celebrará el próximo 21 de maio en Lugo.

NORABOA!!!

XIV RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS DE MATEMÁTICAS E CIENCIAS

O pasado luns celebrouse a fase local do XIV Rallye Matemático sen Fronteiras de Matemáticas e Ciencias. Nel participaron tres grupos de alumnos e alumnas do noso centro, formados por oito participantes cada un deles.

Un deses grupos superou esta primeira fase. Ese grupo está formado por: Cristina Barral, Pablo Ben, Óscar Castellanos, Sara Catoira, Adrián Lombardía, Martín Rama, Brais Ramos e Nerea Sánchez.


A  fase autonómica terá lugar en Santiago de Compostela, na Facultade de Químicas, o próximo venres 28 de marzo.

Os gañadores da fase autonómica viaxarán a Tolouse (Francia), onde visitarán  a cidade e participarán na proba internacional.

 

 

 

Intercomarcal Campo a Través. Un segundo posto e dous terceiros postos por equipos

O sábado, 1 de febreiro tivo lugar no circuito de Acea da Ma, a fase intercomarcal de A Coruña, na que participaban os clasificados nas fases de A Coruña, As Mariñas e Bergantiños. O noso IES participou cos equipos clasificados nas categorías infantil feminino e cadete masculino e feminino.

Salientar a dificultade desta fase, xa que nela participan varios clubes federados de atletismo que venceron en sete das oito categorías.

O equipo cadete masculino, grazas á puntuación obtida por David Santos, Antón Gómez e Álvaro Añón, acadou o segundo posto, vencendo por un só posto ao Club Marineda Atlético e clasificándose para o campionato provincial.

Os equipos infantil feminino e cadete masculino acadaron un meritorio terceiro posto entre os oito equipos clasificados.

Xunto co equipo Cadete Masculino, clasificáronse para o Campionato Provincial, que terá lugar en Santiago o 15 de febreiro, Meritxell Regueira, en infantil feminino, e Gabriela Rodrigues en cadete feminino.

Ir a resultados

Campo a Través: o IES EBA á carreira

O mércores 15 de xaneiro celebrouse nas instalacións de Acea da Ma a Fase Comarcal de As Mariñas de Campo a Través, dentro do Programa Xogade de Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Participaron atletas de centros de Cambre, Sada, Oleiros e Culleredo.

O noso instituto inscribiu arredor de 180 alumnos, pertencentes ás categorías Infantil (nados no 2001 e 2002) e Cadetes (1999 e 2000).

A nivel individual acadouse o triunfo nas catro categorías: Meritxell Regueira Varela e José Miguel Pinales Lugo en infatil feminino e masculino e Gabriela Rodrigues García e Javier Sandá Rosende en cadete feminino e masculino.

Tamén acadaron medalla Noelia Bacariza Moreno (plata en infantil feminino), Ainhoa Iglesias Arias (bronce en cadete feminino) e Marcos Martínez Ferreño (bronce en cadete masculino)

A nivel de equipos (formado cada ún de eles por entre catro e seis atletas) logrouse a victoria nas categorías infantil feminino, cadete feminino e cadete masculino e o segundo posto en cadete masculino e feminino.

En total, cinco equipos clasificados, xunto con José Miguel Pinales e Anxo Abuelo a título individual na categoría de infantil masculino para a Fase Zonal (Coruña, Bergantiños e As Mariñas) que celebrarase no mesmo circuito o sábado 1 de febreiro.

Noraboa a todos os participantes polo seu esforzo pese ao estado do circuito e a climatoloxía.

Podedes consultar aquí o voso posto

Ir a resultados

Distribuir contenido