Evitar navegación.
Principal

OUTROS CONCURSOS

Concurso de vídeos ENSINANDO A LINGUA 2020

O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo e a ANPA A Galera, no marco do Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega, cos obxectivos de incentivar a creación audiovisual e de fomentar o uso e o prestixio do galego oral por parte das/os adolescentes a través de vídeos, convocan este concurso “Ensinando a lingua”, no que podes participar ata o 12 de xuño.

Descarga as bases completas AQUÍ

LETRAS GALEGAS 2020 - Desconfinando a lingua no IES EBA

Vídeo de lemas en carteis e camisetas de alumnado e profesorado do IES EBA para contribuír ao desconfinamento progresivo da lingua galega. 

Maio de 2020.

Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega

 

Coa chegada de maio, mes das letras galegas, nesta situación de confinamento, propoñémoslle a toda a comunidade escolar do IES EBA a participación no Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega.

Este plan voluntario consta de catro fases, da 0 á III, e inclúe diversas propostas, xogos, actividades, retos e concursos.

Para participar, descarga este documento e vai seguindo os pasos que nel se propoñen.

O primeiro dos concursos que inclúe este plan é o de camisetas e carteis “Desconfinando a lingua”, no que podes participar ata o 14 de maio.

Descarga as bases completas AQUÍ

Gañador do Concurso de Logos do Club de lectura do IES EBA

    

Xa temos o gañador do Concurso de Logos do Club de lectura do IES EBA.

Noraboa a David Corral Muíño polo seu traballo.

Premio: tarxeta por valor de 30 euros da Fnac. 

 

Premer na imaxe para ampliar.

FINALISTAS BOOKFACES 2020

Estes son os finalistas do concurso de  BOOKFACE 2020. 

Algúns dos traballos clasificados non son candidatos ao premio por utilizar fotomontaxe, pero aínda así merece a pena velos. 

Ao quedar deserta a categoría C, repártense os premios entre as categorías A e B, pasando a ser 3 por categoría.

Mañá anunciaremos os gañadores..

 

VOTACIÓN BOOKFACES 2020

Xa temos todos os bookfaces que se presentaron a concurso.

Todo o alumnado matriculado no centro pode votar o traballo que máis lle guste de cada categoría, indicando o seu número no seguinte FORMULARIO 

Dende os seguintes links pódense ver os bookfaces das distintas categorías, co seu número na parte inferior.

CATEGORÍA A (1º-2ºESO)

CATEGORÍA B (3º-4ºESO)

Non se presentou ningún traballo dentro da categoría C 

O prazo para votar remata o día 5 de maio.

Os 10 traballos máis votados de cada categoría pasarán á fase final.

23 de abril Día do Libro

Co gallo da celebración do Día do Libro o 23 de abril,

o IESEBA e a ANPA "A Galera" convocan un concurso de BOOKFACE.

Pincha aquí se queres saber qué é un bookface

No vídeo podes ver a proposta do profesorado.

Participa ti tamén co teu bookface!!!

Estas son as BASES do concurso

O prazo remata o día 30 de abril ás 14:00 horas

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2019

 

    

CONCURSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019:

FAI A TÚA CAMISETA

 

PARA ACCDEDER ÁS BASES DO CONCURSO PREMER NA IMAXE

 

O DÍA 16 DE MAIO TODOS/AS TRAEREMOS AO INSTITUTO AS CAMISETAS POSTAS!!!

 

O departamento de normalización e galego agradace a colaboración á ANPA, ao equipo directivo, ao departamento de Plástica, á Bilioteca, titores/as e todas aquelas persoas que dalgún xeito fan posible esta actividade.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS, sen a vosa comprensión e colaboración esta actividade non sería posible.

  
         
Distribuir contenido