Skip to Content

Administración e Xestión

Departamento da familia profesional de Administración

Ciclo superior de Administración e Finanzas

No departamento de Administración e Xestión impartimos o Ciclo Superior de Administración e Finanzas polo réxime ordinario e con carácter bianual.

No curso 2023-2024: impartirase 1º curso

No curso 2024-2025: impartirase 2º curso

Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.

Que ocupacións se desempeñan?
Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.

As nosas instalacións:

Se queres ver a organización dos módulo e o que se cursa no Ciclo Superior de Administración e Finanzas podes pinchar neste enlace.

Podes acceder á programación didáctica do curso 2023-2024 neste ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut