Skip to Content

Fabricación Mecánica

Ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría

No departamento de Fabricación Mecánica impartimos o Ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría polo réximo de FP Dual de curso completo. Temos dos proxectos en marcha:

- No curso 2022-2023 e 2023-2024 participan 6 empresas.

- No curso 2023-2034 e 2024-2025 participa 1 empresa (Nervion Naval Offshore).

Que se aprende a facer?
Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.

As nosas instalacións:

Se queres ver a organización dos módulo e o que se cursa no Ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría podes pinchar neste enlace.

Podes acceder ás programacións didácticas do curso 2023-2024 neste ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut