Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

2ºBAC

Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea

 

Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.

 

Participación na VIII Olimpíada Galega de Economía

O pasado venres 31 de marzo tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa de A Coruña a VIII edición da Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación de cinco estudantes de 2º de Bacharelato: Cristina Filgueiras, Raquel Pérez, Alberto Pérez, Miguel Pereira e Adán Rivera. Vaia por diante o noso recoñecemento ao alumnado paticipante pola súa disposición e esforzo. Noraboa!

Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017

Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o  alumnado dos distintos cursos de Economía  4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC.  a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade  detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España  que irán ao  Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!

Velaquí os proxectos:

 

 EUREKA

Pulseira intelixente coa función de facilitar a vida daquelas persoas que sofren doenzas relacionadas coa memoria ou menores que nalgún momento da súa infancia se desorienten debido á perda de localización dos seus pais.

 

 

 

FAST PAY

Medio de pagamento en webs e online con diñeiro en efectivo a través do móbil.

 

 

 

 

FEEDPET

Feedpet é dispositivo de alimentación electrónico co que  poderás  darlle de comer e beber a túa mascota  as veces que sexan necesarias e sen estar na casa. Deseñamos un mecanismo que se controla desde o teu móbil, co que programar o sistema y e ver a túa mascota sempre  que o precises.

 

GTC PROJECT

Libro electrónico que aforra peso aos escolares e facilita o traballo dos profesores.

 

 

 

 
 

HELP CLOTHES

As chaquetas intelixentes Help Clothes de baterías están deseñada con sensores que axustan automaticamente a temperatura segundo as preferencias persoais.

 

PROYECTO MEDICA

O proxecto MEDICA está pensado para que a xente maior o con algún tipo de problema non teña a preocupación de memorizar,  cales pastillas tomar ou a qué hora. A nosa solución é un dispositivo que almacena e proporciona os medicamentos  avisando cando haxa que tomalas, con sinais luminosos  e auditivos.

   

 

 

PROYECTO NEPTUNO

Neptuno é un aparello  fabricado en fibra de carbono ultra resistente que permite igual que as branquias extraer el osíxeno presente na auga. Permite a quen queira experimentar a experiencia de mergullase sen límite de tempo.

 

VISIONARY CORPORATION

SmartGlasses son uns lentes intelixentes con capacidade de detección de obstáculos  debido a que incorporan un pequeno sensor na patilla esquerda, sen afectar a comodidade ou estética.

 

 

 

 

SPEED BUS

Trátase dunha aplicación que informa do punto exacto onde está o autobús en cada unha das súas rutas. Pensada para lugares pequenos: aldeas, vilas...

 

 VISUALITÊ

Audition  consiste nun caxato con sensores que captan todo tipo de obstáculos e atrancos que se presenten no camiño. Ademais, incorpora un audífono que proporciona datos sobre a ubicación  no momento exacto e guia cara ao destino solicitado polo propio cliente.

     

 OUTROS:

Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.

Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.

Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.

Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.

Visita a Santiago (Hª da Arte e Club de Lectura)

Os grupos do Club de lectura da ESO e mais o alumnado de Historia da Arte de 2.º BAC visitaron esta semana a cidade de Santiago de Compostela. Compartiron a visita guiada da Catedral que inclúe a excepcional  subida aos tellados. Logo, cada grupo realizou varias actividades do seu intese. Entre outras, os clubs de lectura entraron na libraría Follas Novas.

Visualización da realidade trans

 

Esta semana, o alumnado de bacharelato coñecemos un pouco máis a realidade das persoas trans. Na tarde do martes, o alumnado de bacharelato e mais 3.º e 4.º ESO escoitaron o testemuño de Hugo e Loli, pertencentes á asociación Arelas.

Representación de Medea (Festival de Teatro Grecolatino)

No Día Internacional do Teatro (27 de marzo) lembramos as representacións ás que asitimos a semana pasada. Entre elas, o mércores 22 de marzo, o alumnado de cultura clásica, latín e grego de varios niveis asistiu ás Xornadas de Teatro Grecolatino para disfrutar da representación de Medea  de Eurípides.
 
Blog: Lecturamos

Parlamento Xove (2017)

 Esta fin de semana celebrouse o encontro de debate do Parlamento Xove correspondente á categoría de Bacharalato. O IES de Mugardos participou co equipo formado por Noelia Calvo, Raquel Pérez, Lupa Pérez e Alberto Pérez coa coordinación da profesora de Filosofía, Ofelia Lubián

Os debates desta fase clasificatoria discorreron nas instalacións do Centro Residencial Docente situado en Culleredo. O tema desta edición era a seguinte pregunta: As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?

Malia que non resultamos seleccionados para a fase final, completamos unha meritoria participación. Parabéns, equipo, polo traballo e esforzo que representa a preparación desta actividde altamente formativa.

Nós, feminino plural (actividades de marzo)

Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)

 

Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:

  • Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
         

    Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).

  • Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
  • Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
  • Martes 28: charla de colectivos "trans".

EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"

 

Científicas galegas (Premio María Wonenburger)

 

No corredor da planta baixa acompáñanos desde a semana pasada unha exposición sobre mulleres científicas galegas galardoadas co premio que leva o nome da grande matemática coruñesa María Josefa Wonenburger Planells.

Ligazón: Muller e ciencia

Visita á UDC

O alumnado de bacharelato visitou hoxe a Universidade da Coruña (UDC). Cambiaron por un día os pupitres do instituto polo da Facultade de Educación (foto), de Dereito ou as instalacións do INEF. Foi unha longa xornada de orientación académica e profesional guiados polo Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante.

Comezo do campionato feminino de balomán

Recreos no pavillón

Campionato feminino de
BALONMÁN

Charla coloquio con exdeputadas/o do Parlamento de Galicia

Esa mañá o alumnado de bacharelato, 3.º e 4.º ESO asistiu á charla-coloquio con tres exdeputados do Parlamento de Galicia: Mª Dolores Faraldo Botana (PPdeG), Natividad González Laso (PSdG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). Un dos obxectivos é dar a coñecer de preto o traballo da institución autonómica. Porén, as preguntas do alumnado e o coloquio sobre a actualidade sociopolítica completan a actividade.

Visita guiada á exposición Quessada e o seu tempo

O alumnado de Historia da Arte (2.º Bac) visitou esta semana a exposición antolóxica do pintor Xaime Quessada (1937-2007), aberta no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Exposición Á violencia de xénero dille...NON

Exposición da Secretaría Xeral da Igualdade

Ata o venres, no corredor principal do instituto

Tamén na rede:

http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non

Recreos saudables (xaneiro)

Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.

O "menú" e prezos para este mes de xaneiro é a seguinte:

Resultados da elección ao Consello Escolar (29 de novembro)

Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.

PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS
Candidatos electos Domingo Rubianes
Amelia Sordo Pita
Suplentes José María Rumbo Prieto 

 

ALUMNADO
Candidatos electos Alba Pérez García
Diego López Rivera
Iago Rodríguez-Moldes Varela
Suplentes Miriam Rodríguez Martínez
Cristian Sánchez Rocha
Noa Canido González
Mayra Villar Veiga
Lara Rodrigues Silva

 

PROFESORADO
Candidatos electos David Martínez Millán
Carmen Meiriño González
 Rita Mª Fernández Anca
Telmo de Paz de Luis
Suplente José Barcia Díaz

 

PERSOAL NON DOCENTE
Candidatos electos Raquel Díaz Garrote
Suplente José Antonio Castro Guerra

 

Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días  perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

     

Seguimento da folga (24 de novembro)

A xornada de folga tivo un seguimento
no día de hoxe, 24 de novembro,
do 100% do alumnado.

2.º BAC: Resumo das programacións didácticas

Visita do antigo alumno Adrián Lorenzo

Esta mañá recibimos a visita de Adrián Lorenzo, antigo alumno. Falou do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas co alumando da materia optativa de Actividade Física de 2º. bacharelato.

Distribuir contido