FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades
VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 11:50Portugal, 25 de abril (Aveiro, Lisboa, Coimbra)
21 - 26 de abril
Portugués
Patio da Universidade de Coimbra
Spring Week - Inmersión lingüística
14 - 20 de abril
Inglés
O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.
Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.
Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia. Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.
Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril
2LE - Francés
Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez
|
Paz en Palestina
Enviado por admin o Ven, 12/04/2024 - 19:24No mediodía deste venres, 12 de abril, secundamos o chamamento á solidariedade co pobo palestino. Coa lectura do manifesto, reclamamos o alto o fogo na faixa de Gaza e mais a apertura de entradas para o reparto de axudas humanitarias. PAZ.
#oensinogalegoconpalestina
SEMANA DAS PROFESIÓNS
Enviado por admin o Xov, 04/04/2024 - 13:20AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (2.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 28/03/2024 - 14:22Instrucións para o desenvolvemento
da avaliación de diagnóstico
2.º ESO
Avaliaranse a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira (Inglés).
RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024
VOLTA ÁS AULAS (2 de abril)
Enviado por admin o Xov, 28/03/2024 - 14:14CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024
Artigo 6. Vacacións escolares
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.
– Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.
– Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.
ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
SEMANA CULTURAL
Enviado por admin o Ven, 15/03/2024 - 22:17PAVILLÓN: campionato de fútbol sala (recreos)
Enviado por admin o Lun, 22/01/2024 - 22:17
Difusión da experiencia PIALE en Canadá
Enviado por admin o Xov, 04/01/2024 - 15:15Na mañá do pasado 21/12/23, o noso compañeiro do Departamento de Matemáticas, Fabio González, ofreceunos unha presentación sobre da súa estadía na cidade de Toronto, dentro do marco do programa PIALE, para a mellora de competencias lingüísticas do profesorado galego.
Ante a presencia dunhas doce docentes e corenta alumnas e alumnos, explicounos a súa integración no instituto canadense Forest Hill Collegiate Institute e as súas impresións sobre o sistema educativo da provincia de Ontario e o modo de vida na devandita metrópole.
Ademais, dentro do contexto de internacionalización no que está encadrado o IES de Mugardos, animounos a participar neste tipo de iniciativas de inmersión, polas riqueza achegada neste tipo de experiencias con estudantado e docentes doutros países.
Reunión do club de lectura
Enviado por admin o Xov, 07/12/2023 - 12:57
O mediodía do martes celebrouse na biblioteca outra sesión do club de lectura de 3.º ESO. A coversa centrouse inicalmente na lectura da obra Corredora da escritora María Raimóndez. Para as vindeiras reunión comezaron a lectura da novela gráfica Al sur de la alameda.
Comezou o CIFRAS E LETRAS
Enviado por admin o Mér, 08/11/2023 - 00:58Xa están aquí Polín e Polina para anunciar o comezo dunha nova edición do campionato de CIFRAS E LETRAS. Atentos ao taboleiro central do do departamento de Matemáticas para non esquecer as datas da túa participación. As probas iniciais desenvólvense durante os recreos nas aulas de referencia.
Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 10 de outubro)
Enviado por admin o Ven, 06/10/2023 - 12:02Asemblea da ANPA................................ 17:00 horas
Reunión de titorías cos pais e nais........ 18:00 horas
Martes, 10 de outubro
Semana das Profesións
Enviado por admin o Dom, 26/03/2023 - 13:23Sorteo "Cesta de entroido" (ANPA)
Enviado por admin o Mar, 07/03/2023 - 12:16O número agraciado correspóndelle á papeleta que conteña o 1146
Recoñecemento do 1.º reto Camiño Inglés
Enviado por admin o Lun, 06/03/2023 - 22:14Entrega de melladas e diplomas
Venres, 10 de marzo (2.º recreo)
Pavillón
Taller de LETTERING (Biblioteca) - Mércores, 2.º recreo)
Enviado por admin o Dom, 20/11/2022 - 16:46Reunión inicial para o comezo CUALE Inglés A2,B1 e B2 (6 de outubro - 16:00 h)
Enviado por lauravinas o Mér, 28/09/2022 - 20:23Proxecto de vida activa e deportiva (Curso 2021-2022)
Enviado por pcanteroc o Lun, 20/06/2022 - 20:57Excursión ao complexo acuático de Cerceda
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 21:43O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre, gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.
Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Inscrición
Enviado por admin o Xov, 02/06/2022 - 23:54
O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.
- Menores de 16 anos.
- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.
LUGAR:
Pavillón e pista deportiva do instituto
HORARIO:
Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días
Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días
INSCRICIÓN
Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.
Fomulario de inscrición do IES de Mugardos
Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:
22 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 13:53Estimadas familias:
Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.
Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.
Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.
Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro.
Boas Festas e Mellor 2021.
3.º premio na VII Olimpíada Filosófica de Galicia (categoría de disertación)
Enviado por admin o Sáb, 22/02/2020 - 22:08
Sofía Cao 1.º Bacharelato 3.º premio
|
A fase final tivo lugar o xoves, 20 de febreiro.
Podemos ler o artigo de Sofía Cao "Todos podemos ser un heroe" na revista Filoxornal publicada o 21 de novembro, Día Internacional da Filosofía.
O pasado venres, 24 de xaneiro, as alumnas de bacharelato Iria Fernández, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Sofía Cao e Esther Rodríguez acompañadas da profesora Ofelia Lubián asistiron á Olimpíada Galega de Filosofía. A súa participación este ano foi na modalidade de Disertación sobre " O camiño do mito ou o mito do camiño". As probas tiveron lugar na Faculade de Filosofía de Santiago de Compostela.