FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Bacharelato
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 23:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Carreira de Orientación (Xogo de pistas)
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 22:51
FEBREIRO E MARZO
CARREIRAS DE ORIENTACIÓN. A VARIANTE DOS XOGOS DE PISTAS
Dende 1º bacharelato e aproveitando a unidade didáctica de orientación o alumnado en grupos creou carreiras de orientación clásicas e variantes delas como son os xogos de orientación.
Aínda que non deu tempo a organizar xogos especiais como o “bingo orientación”, “score 100” ou “a búsquea do tesouro”, si que se puideron organizar xogos de pistas.
Deste xeito o alumnado creou unha batería de preguntas con 4 opcións de resposta e colocounas nas diferentes balizas que distribuíron pola contorna. A actividade consistiu en facer o percorrido en orde contestando correctamente ás pistas de cada baliza.
En cada baliza existía unha pregunta con 4 opcións e só 1 delas era correcta. Unha vez elexías a opción volteabas a baliza a atopabas o destino a camiñar onde estaba a seguinte baliza. Se a resposta era incorrecta o destino marcado pola baliza era incorrecto, é dicir, non atopabas ningunha baliza e tiñas que volver á anterior e contestar de novo a pregunta. Así ata contestar ben e atopar a seguinte baliza.
Libros de texto e material. Curso 2023-202444
Enviado por admin o Lun, 03/07/2023 - 13:49RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2023-2024 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO
Enviado por orientacion o Sáb, 18/03/2023 - 12:58En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.
Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Xov, 16/03/2023 - 14:30Entrega dos boletíns de notas
VENRES: 17 de marzo
Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.
Terceira edición Mocidade (Congreso da xuventude- Xunta de Galicia)
Enviado por orientacion o Mér, 15/03/2023 - 12:09Esta semana celebraráse na Coruña a III edición de Mocidade, o congreso galego de xuventude organizado pola Xunta de Galicia.
- DESTINATARIOS: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos).
- DATAS: venres 24, (comezamos pola tarde, ver horarios), sábado 25 (mañá e tarde) e domingo 26 de marzo (almorzo e saída para os aloxados).
- LUGAR DE REALIZACIÓN: Palexco (A Coruña).
- ALOXAMENTO: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo), en dormitorios compartidos.
- PRAZO DE INSCRICIÓN: remata HOXE mércores 15 de marzo.
- PROGRAMA: http://xuventude.xunta.es/images/mocidade2023/programa_mocidade_2023_gal_web2.pdf
- *TODA A INFORMACIÓN*
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/25077-volve-mo-cidade-o-congreso-da-xuventude-galega. - *FORMULARIO INSCRICIÓN*
http://xuventude.xunta.es/formularios/formulario-de-solicitude-mocidade-2023-congreso-galego-de-xuventude
Sorteo "Cesta de entroido" (ANPA)
Enviado por admin o Mar, 07/03/2023 - 12:16O número agraciado correspóndelle á papeleta que conteña o 1146
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
Enviado por lauravinas o Sáb, 25/02/2023 - 13:16
|
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo: - 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva - 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL. Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:
Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos: |
Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 22:07Reunión inicial para o comezo CUALE Inglés A2,B1 e B2 (6 de outubro - 16:00 h)
Enviado por lauravinas o Mér, 28/09/2022 - 20:23Folga do 23 de setembro
Enviado por admin o Xov, 22/09/2022 - 13:07NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.
MINIPROGRAMACIÓN FÍSICA 2ºBAC
Enviado por guillin o Xov, 08/09/2022 - 23:36No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na materia de FÍSICA de 2ºBAC e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 2ºBAC.
Lección inaugural: Jesús Losada
Enviado por admin o Xov, 08/09/2022 - 21:52O responsable do terminal de GNL de Mugardos e do gasoducto de Reganosa, Jesús Losada, impartiu esta mañá a lección inaugural do curso 2022-2023 para o alumnado de bacharelato. Na súa exposición esbozou as liñas de traballo da empresa e as oportunidades de traballo e negocio a nivel mundial no sector enerxético. Entre elas as enerxías renovables como o proxecto en marcha da compañía para a produción de hidróxeno verde.
Para todo iso, salientou a importancia da formación e o estudo para competir no mundo laboral co valor engadido de calquera capacitación, desde a aprendizaxe de linguas ata experiencias persoais. Sen esquecerse da necesidade de manter responsablemente os valores éticos e compromiso social.
Agradecemos a Jesús Losada e mais á empresa que fixo posible a súa presenza no instituto coa que damos por inaugurado un novo curso.
Entrega cualificacións extraordinaria (BACHARELATO)
Enviado por admin o Sáb, 25/06/2022 - 15:20
Entrega das cualificacións da convocatoria extraordinaria - BACHARELATO
1.º e 2.º BAC: Luns, 27 de xuño ás 10:00 horas
Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)
Enviado por admin o Ven, 03/06/2022 - 14:49No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.
4.º ESO / 1.º BAC. - Excursión fin de curso
Enviado por admin o Lun, 30/05/2022 - 19:02Recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Lun, 06/12/2021 - 22:30
DATAS: do 1 ata o 20 de decembro
LUGAR: entrada do IES de Mugardos
DESTINO: Cáritas
ENTREGA
ENTREGA DE NOTAS (ESO, FPB, 1.º Bach.)
Enviado por admin o Sáb, 27/11/2021 - 00:59Entrega dos boletíns de notas
- Alumnado: titores/as
- Publicación ABALAR: 16:00 horas