Blogues

TRABALLO REPASO SEMANA SANTA

Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2015 - 16:47

 

 

( categories: )

INFORMACIÓN DE INTERESE: Concurso " Odisea 2015" e Festival de Teatro Grecolatino de Lugo

Enviado por Anónimo o Lun, 06/10/2014 - 09:55

Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC).

 

  • ODISEA 2015: para a edición 2015 está confirmada a participación das seccións da SEEC de Galicia, Valencia-Castelló e Alacant, Aragón, Valladolid, La Rioja, Extremadura, Málaga e Cádiz, e a asociación de profesores de Lenguas Clásicas de Cataluña, APLEC. A  inscrición terá lugar desde o 1 de decembro ata o  23 de xaneiro e o concurso será os días 26, 27, 28 e 29 de xaneiro. Caso de haber equipos empatados celebrarase un preguntón de desempate o día 4 de febreiro. Unha vez rematada a fase autonómica os gañadores da fase autonómica competirán entre sí o día 11 de febreiro.  O tema sobre o que versará o concurso será “O amor en Grecia e Roma”.
  • Festival de Teatro Grecolatino - Lugo-Ourense 2015:

    Auditorio Gustavo Freire

    Día 2 de marzo, luns

    12:00 EdipoRey de Sófocles, SV Producciones (Madrid)

    17:00 Cestita de Plauto, SV Producciones (Madrid)

    Día 3 de marzo, martes

    12:00 Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

    17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

     

 

 

( categories: )

Circular informativa da CIUG: Latín II

Enviado por Anónimo o Lun, 06/10/2014 - 09:40

1º) PROGRAMA

2º) ESTRUTURA DO EXAME E SISTEMA DE VALORACIÓN

( categories: )

Novos problemas en S Santa

Enviado por Anónimo o Lun, 21/04/2014 - 13:54

Estamos a facer probas co blogue

O TRABALLO DO FUTURO:

Enviado por Anónimo o Mér, 13/11/2013 - 09:11

INTERESANTE VIDEO, DO MAGNÍFICO BLOG DE ORIENTACIÓN BUSCA TU CAMINO, NO QUE PODEMOS COÑECER AS CUALIDADES, CUALIFICACIÓNS, ACTITUDES... QUE SE VALORARÁN NO FUTURO NO CONTORNO PRODUCTIVO

( categories: )

VIDEOS SOBRE PROFESIÓNS E OCUPACIONS

Enviado por Anónimo o Lun, 11/11/2013 - 17:19

Déixovos aquí un enlace ao Blog Barbón, de Verín (Ourense) con interesantes videos sobre as diferentes profesións e ocupacións, agardando que serva de axuda!

( categories: )

Premios Nobel de Física e de Química 2013

Enviado por asancheze o Dom, 20/10/2013 - 15:07

            A Real Academia de Ciencias de Suecia otorgou o Premio Nobel de Física 2013 ao británico Peter Higgs e ao belga François Englert, mentres que o de Química recaeu en mans do austríaco Martin Kaplus, do británico Michael Levitt e do israelí AriehWarshel.  

            Os dous primeiros, de 84 e 80 años de idade respectivamente, foron os responsables principais no achádego do bosón de Higgs, tamén coñecido como a “partícula de Deus”, unha partícula subatómica que explica a orixe da masa, e como consecuencia, da existencia mesma do Universo tal e como o coñecemos.

            Estes argumentos foron utilizados polo comité Nobel para xustificar o outorgamento do premio a estes célebres físicos, quenes expresaron que esperan que o recoñecimento axude a xerar consciencia sobre a importancia da investigación imaxinativa.

            Se ben a existencia do bosón de Higgs foi formulada teoricamente en 1964, foi en xullo do ano pasado cando se confirmou a súa existencia grazas ás investigacións que se realizaron no Gran Colisionador de Hadróns (LHC), o acelerador de partículas máis grande do mundo, situado baixo terra, na fronteira entre Suiza e Francia.

            Doutra banda, os científicos Martin Kaplus, Michael Levitt e AriehWarshel compartirán 1,2 millóns de dólares cos que está dotado o Premio Nobel de Química 2013.  Segundo a academia, a súa labor destaca polo desenvolvemento de modelos multiescala para sistemas químicos complexos. Na década de 1970 os investigadores premiados sentaron as bases dos potentes programas que son usados para comprender e predicir procesos químicos, uns modelos informáticos que replican a vida real e que se converteron nun dos avances máis cruciais para a Química actual. 

              Os premios serán entregados nunha cerimonia que se realizará o próximo 10 de decembro coincidindo co aniversario do pasamento do seu precursor, Alfred Nobel.

 

Fuente: Universia Chile

( categories: )

Química e xoias

Enviado por asancheze o Dom, 20/10/2013 - 09:29

A que non sabiades que a Química inflúe tanto nas nosas vidas, que incluso podedes atopar fórmulas desenvolvidas de compostos orgánicos en xoiaría? Fixádevos.

 

Xoias para regalar nunha ocasión especial.

Pendentes coas bases da vida, o ADN e o ARN: adenina, timina, citosina, guanina e uracilo.

 

 

Aquí, un colgante de Serotonina, un aminoácido que induce ao sono, á felicidade, á relaxación e á satisfacción.



Collido de http://cosasdequimicos.blogspot.com.es/2011/05/quimica-y-joyeria.html#.UmPIWPnWOL-

( categories: )

Quen son eu?

Enviado por juliogonzalez o Dom, 06/10/2013 - 18:54

Todos temos unha imaxe de nós mesmos, aínda que ás veces non pensamos nela... O que tes que facer agora é unha redacción que responda á pregunta que é o título desta actividade:


Quen son eu?


Nela debes describirte fisicamente, falar da túa procedencia, pero tamén tes que falar do teu carácter, do teu temperamento,... Por que cres que eres asi? Que cres que fixo ou fai que ti sexas como es? Cres que esa imaxe que ti tes de ti mesmo coincide coa que teñen os outros de ti? Como cres que te ven os demais? Por que cres que os demais te ven desa maneira?


Unha vez rematada, envíaa por correo electrónico ao teu profesor.


Veña, a traballar!

Distribuir contido