Equipo directivo

Membros do equipo directivo

Enviado por admin o Ven, 28/01/2011 - 12:37

DIRECTOR

Julio J. González Iglesias

 VICEDIRECTOR

 Fernando Ulla Lorenzo

 SECRETARIO

Francisco José Loureiro González

 XEFA DE ESTUDOS

 Susana Vázquez Regueiro

( categories: )

VALES MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Enviado por admin o Ven, 14/07/2023 - 07:47
14/07/2023 11:44
Atlantic/Bermuda

 

 

Xa están dispoñibles os vales das axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

Poderán ser retirados polos interesados/as na secretaría do centro de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.

 

 

A nosa alumna YANIRA GUIZÁN, convocada para a selección española de fútbol sala

Enviado por admin o Ven, 05/05/2023 - 08:16

   A alumna do noso instituto YANIRA GUIZÁN MONTES, foi convocada pola selección española de fútbol sala para disputar dous partidos internacionais.

  Según nos conta a propia Yanira:

        "Esta convocatoria coa selección española foi espectacular, fun disputar dous partidos amistos contra Portugal os cales gañamos os dous. O primeiro 1-7 e o segundo 0-4. Para min foi un orgullo ir convocada e creo que foi un mérito a todos estes anos de esforzo dentro e fora da pista."

   E non só para ela debe ser motivo de orgullo, senón que ese sentimento é compartido por toda a nosa comunidade educativa.

        "Estiven cun grupo de 12 xogadoras (contandome a min) espectacular, levome amigas para toda e vida e tanto dentro como fora da pista eramos un grupo muy forte e unido."
 
        "Xa pa rematar quero desatacar que a miña intención e que esta sexa a primeira de moitas e que oxalá algún dia poida estar na seleccion absoluta que é una das cousas a que todas as xogadoras aspiramos."
  
   Estamos seguros de que algún día a veremos ocupando ese posto na selección absoluta que, sen dúbida, merece.
 
   ¡¡¡ NORABOA  !!!
 
 
( categories: )

SORTEO ELECCIÓN MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Enviado por admin o Lun, 24/10/2022 - 07:05
24/10/2022
Atlantic/Bermuda

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do IES.

   

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

-      O Director ou directora do Centro.

-      Un profesor ou profesora.

-      Un pai ou nai ou titor legal.

-      Un alumno ou alumna.

-      Un representante do persoal de administración e servizos.

 

    Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro de 2022, ás 11:00 horas na Sala de Profesorado.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

( categories: )

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Mar, 18/10/2022 - 07:11
18/10/2022
Atlantic/Bermuda

 

 

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a resolución do 5 de outubro de concesión da ampliación da axuda para adquirir material escolar, na que se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25.

As familias beneficiarias poden recoller o vale de 25€ na secretaría do centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

 

 

 

 

( categories: )

Novo premio para o IES POETA DÍAZ CASTRO

Enviado por admin o Sáb, 11/06/2022 - 12:01

Unha vez máis, o traballo do noso alumnado é premiado. Esta vez tocoulle ao OLLOBOI , en Boiro, a onde acudiron o venres pasado para pasar unha xornada de convivencia e festiva, acompañados por Miguel Angel Barreiro e Fátima Castro.

Sobra dicir, que este novo premio demostra que hai outras maneiras de facer cousas, de aprender, de ensinar... e que non todo se aprende sentados nunha cadeira amarrados a unha mesa...

BRAVO, RAPAZADA!!!!! O premio é voso. O resto só somos comparsas...

 

( categories: )

BECAS CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Xov, 31/03/2022 - 08:11

 

 

Publicada a convocatoria de becas e axudas para estudantes que no curso 2022-2023 cursen ensinanzas postobrigatorias (Bacharelato, Ciclos Medio ou Superior de FP, Universidade).

Prazo para a presentación de solicitudes: do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.

Pode obterse información completa sobre a convocatoria AQUÍ.

Tamén podes informarte na páxina do Ministerio de Educación, Becas y ayudas.

Para obter información acerca de ónde e cómo presentar a solicitude, sigue este ENLACE.

É importante lembrar que calquera solicitude debe presentarse no prazo indicado, aínde que o estudante non saiba o que vai estudar, ou mesmo non saiba se vai estudar ou non.

 

 

 

Distribuir contido