A nosa alumna YANIRA GUIZÁN, convocada para a selección española de fútbol sala

Enviado por admin o Ven, 05/05/2023 - 08:16

   A alumna do noso instituto YANIRA GUIZÁN MONTES, foi convocada pola selección española de fútbol sala para disputar dous partidos internacionais.

  Según nos conta a propia Yanira:

        "Esta convocatoria coa selección española foi espectacular, fun disputar dous partidos amistos contra Portugal os cales gañamos os dous. O primeiro 1-7 e o segundo 0-4. Para min foi un orgullo ir convocada e creo que foi un mérito a todos estes anos de esforzo dentro e fora da pista."

   E non só para ela debe ser motivo de orgullo, senón que ese sentimento é compartido por toda a nosa comunidade educativa.

        "Estiven cun grupo de 12 xogadoras (contandome a min) espectacular, levome amigas para toda e vida e tanto dentro como fora da pista eramos un grupo muy forte e unido."
 
        "Xa pa rematar quero desatacar que a miña intención e que esta sexa a primeira de moitas e que oxalá algún dia poida estar na seleccion absoluta que é una das cousas a que todas as xogadoras aspiramos."
  
   Estamos seguros de que algún día a veremos ocupando ese posto na selección absoluta que, sen dúbida, merece.
 
   ¡¡¡ NORABOA  !!!
 
 
( categories: )