Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 23, 2015
Start: 23/04/2015 10:10

O xoves 23 de abril, conmemorando o Día do Libro, un grupo de 85 alumnos/as de 1º, 2º e 3º de E.S.O. acudirán aos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana a efectuar lecturas de contos e libros, entre as 10:10 e as 12:20 h., baixo a coordenación do profesor encargado da Biblioteca, Santiago Dans.

Esta celebración do dia do Libro terá continuación o venres 24, durante o recreo (11-11:30) no propio I.E.S., baixo a coordenación do profesorado dos departamentos de Inglés, Lingua Castelá, Educación Física e Biblioteca.

Venres Abril 24, 2015
Start: 23/04/2015 10:10
End: 24/04/2015 11:30

O xoves 23 de abril, conmemorando o Día do Libro, un grupo de 85 alumnos/as de 1º, 2º e 3º de E.S.O. acudirán aos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana a efectuar lecturas de contos e libros, entre as 10:10 e as 12:20 h., baixo a coordenación do profesor encargado da Biblioteca, Santiago Dans.

Esta celebración do dia do Libro terá continuación o venres 24, durante o recreo (11-11:30) no propio I.E.S., baixo a coordenación do profesorado dos departamentos de Inglés, Lingua Castelá, Educación Física e Biblioteca.

Mércores Abril 29, 2015
Start: 29/04/2015 09:00

Organizada polos/as profesores/as Ramón Erias e Noemí Fernández, o mércore 29 de abril, o alumnado de 3º de E.S.O. realizará unha visita didáctica ás COVAS DO REI CINTOLO, en Mondoñedo.

A cova do Rei cintolo está situada na parroquia de Argomoso. Destaca por ser a cova caliza máis grande de Galicia, e no seu interior pódense observar interesantes formacións de estalactitas e estalagmitas.

A cova está formada por tres pisos de galerías que forman un total de case catro quilómetros de lonxitude.

Cabe destacar que esta cova posúe un importante interés histórico, xa que nas excavacións realizadas no verán de 2002, dirixidas pola arqueóloga Rosa Villar, atopáronse materiais da Edade do Ferro na súa entrada.

Nas súas proximiidades atópase o Castro de Zoñán.

 

 

 

Mércores Maio 06, 2015
Start: 06/05/2015 09:20
End: 06/05/2015 13:50

Coma todos os anos, neste tamén o noso alumnado concorrerá ao CORRELINGUA.

O alumnado implicado será o de 2º de E.S.O., e desprazaránse a Lugo acompañados/as polas profesoras María Miragaya e Marisé Fernández.

Esta edición celebraráse o mércores 6 de maio de 2015.

 

Distribuir contido