Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Xuño 17, 2023
Start: 17/06/2023 16:51

Nos pasados días, os profesores encargados do proxecto eTwinning "Cadea de Hoteis de Insectos", realizado durante o curso 2021/22, recibiron os Selos de Calidade Nacional e Europeo por guiar o traballo do alumnado de 1º, 2º de ESO e FP Básica.

Estamos de noraboa!

Podedes ver o TwinSpace do proxecto neste enlace

Sabedes que este ano o noso proxecto eTwinning é o que nos levou a construír os bancais de cultivo e a composteira??

Luns Xuño 19, 2023
Start: 19/06/2023 09:50

 O día 21 de xuño, en Xornada de Portas Abertas, celebraremos a nosa segunda Feira de Proxectos.

O alumnado será o protagonista, novamente, ao explicar unha parte importante dos proxectos desenvolvidos ao longo destes meses.

A Xornada desenvolverase co seguinte horario:

11.15: Vestíbulo do centro

Benvida, explicación da xornada.

Colocación da Placa que nos distingue como eTwinning School

Comunicación do Premio á aula mellor coidada 2023

11.30: Percorrido do itinerario por todas as paradas de proxectos.

Rincón da natureza - Espazo Creativos - Espazo Fabricación Mecánica - Arredor das palabras - Audiovisual - K Paces - Aula da calma - Espazo mediación - Mercados solidarios - Activa a túa mente - Revista TIC

 

Contamos coa vosa visita e publicaremos en RRSS novas sobre o desenvolvemento do día!

 

Accede aquí á descrición do día en A lus do mundo

Venres Xullo 14, 2023
Start: 14/07/2023 11:44

 

 

Xa están dispoñibles os vales das axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

Poderán ser retirados polos interesados/as na secretaría do centro de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.

 

 

Distribuir contido