PROGRAMA ARCE: VISITA A MADRID

Enviado por admin o Mar, 18/10/2011 - 11:38
00/00/
Array

Do 17 ao 21 de outubro, e dentro das actividades do programa ARCE, un grupo de alumnos/as acompañados/as polas profesoras Nuria Pena Figueruelo e Consuelo Otero Yáñez, realizarán unha visita didáctica a Madrid.

Cómpre lembrar que o proxecto no que estamos a colaborar leva o título de "A Auga como Tòpico de Estudo", e que se realiza xunto con outros centros educativos doutras partes de España. Nesta ocasión, os centros que intentan levar adiante este proxecto son de Guitiriz, Madrid e Tarifa.

En breve, disporedes de máis imaxes desta viaxe no menú GALERÍAS, nesta web, arriba á dereita.