Visita didáctica á Fundación Caixa Galicia e a Fundación MACUF

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 07:41
00/00/
Array

Acompañado pola profesora Nuria Pena Figueruelo, o día 23 de marzo os/as alumnos/as de Educación Plástica e Visual (Sección Bilingüe) dos cursos 3º e 4º de ESO fixeron unha visita á Fundación Caixa Galicia e ao Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa (MACUF), ámbolos dous de A Coruña.

A Fundación Caixa Galicia nace no ano 1989 co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións.

O Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa (MACUF) é un centro multidisciplinar de cultura contemporánea, cuxo prestixio e calidade son un referente no ámbito sociocultural galego.