Intercambio co CPI de Friol

Enviado por admin o Xov, 30/05/2013 - 08:32
21/05/2013 09:00
21/05/2013 13:00
Etc/GMT+1

O martes 21 de maio, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do noso instituto, desprazáronse a Friol en devolución da visita realizada ao IES POETA DÍAZ CASTRO,  hai uns meses, por alumnado do CPI Dr. LÓPEZ SUÁREZ desa localidade.

O encontro tivo lugar na Fortaleza de San Paio de Narla, onde visitaron o Museo Etnográfico Provincial.

Nesta xornada de convivencia, compartiron experiencias e uns e outros amosaron parte das actividades que en cada centro se desenvolven.

Esperemos que isto teña futuro!