Presentación no ÁGORA

Enviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 06:48
11/06/2013 00:48
11/06/2013 23:48
Etc/GMT+1

Seguindo coa tarefa de impulsar a figura de Xosé Mª Díaz Castro como candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas do 2014, o martes 11 de xuño, ás 16:45, é presentado o documental A LUS DO MUNDO no Centro Cultural ÁGORA, en A Coruña.

Ata alí se desprazarán un grupo de profesores/as do centro, así como a directora do documental, Cristina de la Torre, e un grupo de alumnos/as que participaron en diversos aspectos da producción.

Tras a presentación, haberá un coloquio no que intentarán respostar ás dúbidas ou curiosidades que o público asistente lles queira transmitir.

Un paso máis! É dos primeiros dos moitos que nos quedan por dar ata lograr o noso obxectivo.

 

Reseña na prensa: LA VOZ DE GALICIA, 12 de xuño de 2013