Obradoiro de Robótica na Fundación Barrié

Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:12
12/02/2014 00:00
12/02/2014 14:00
Etc/GMT+1

E seguindo coa intensa actividade extraescolar, o alumnado de Tecnoloxía de 4º de E.S.O. (ordinario e Diversificación), xunto co de 1º de BAC da materia de Tecnoloxía Industrial I, participarán nun taller de robótica organizado pola Fundación Barrié.

A cita é o mércores 12 de febreiro, e irán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA, do Departamento de Tecnoloxía.

Permanecerán fóra do centro entre as 9:00 h. e as 14:00 h.