INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. AXUDAS DO CONCELLO DE GUITIRIZ

Enviado por admin o Ven, 03/04/2020 - 07:36

Información ás familias:

Dende o Concello estanse a incrementar as partidas de emerxencia socialque tradicionalmente se adicaban a cubrir necesidades básicas como: alimentos, vivenda, enxoval, vestido etc…

A partir de agora poderanse subsanar as posibles deficiencias tanto de conexión a internet coma da necesidade doutro tipo de dispositivo.

Por iso toda aquela familia que se vexa afectada neste sentido; non ten máis que poñerse en contacto cos servizos sociais municipais e adaptaranse as solucións ás súas necesidades dos seguintes xeitos:

 

  • Suministro de pendrives con datos adicionais.
  • Axudas económicas para ampliación de contratos de datos.
  • Axudas económicas para a adquisición de dispositivos.

 

Sen máis un cordial saúdo.

 

( categories: )