TODOS UNHA PRENDA: Mercado de roupa de segunda man

Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 08:40

Estamos a promocionar no instituto un mercado de roupa de segunda man, para o que precisamos da colaboración de toda a comunidade educativa.

Todos/as aqueles/as que queiran participar nesta iniciativa, deberán aportar unha prenda como mínimo para o mercado. As prendas entregadas terán unha triple canle de utilización:

  • O troco (unha prenda por outra, mediante o uso de vales, tal e como está concibida a idea).
  • A reutilización solidaria (envío a Servizos Sociais do Concello)
  • Reciclaxe (se non pode ir por unha das vías anteriores)

Os departamentos comprometidos cunha tarefa didáctica ligada a esta iniciativa, continuarán co seu desenvolvemento, como mínimo, coas prendas que, neste momento hai (enquisa, frase emocional para etiqueta, etiquetas coa trazabilidade da prenda...)

Cremos que a visibilización da nosa postura respecto da sostibilidade pode ter un efecto beneficioso.

A data límite para entrega de prendas é o 25 de maio.

Graciñas pola vosa colaboración!