Ciclo Medio Plurilingüe de Soldadura e Caldeiraría

Enviado por admin o Ven, 22/07/2022 - 13:06

O próximo curso, no IES iniciaremos a Formación Profesional en Soldadura e Caldereiría, nun Ciclo Medio que é o paso seguinte á Formación Básica en Fabricación e Montaxe, que, nesta nova etapa, xa ten unha promoción completa.

O feito de que este ciclo sexa plurilingüe outorga ao alumnado dúas vantaxes:

  • Terá unha aproximación á aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira, neste caso o portugués, con profesorado e Auxiliar de conversa propios.
  • Poderá elixir facer a súa estadía de prácticas en empresas colaboradoras do país veciño.

Entendemos que esta é unha moi boa nova para o alumnado interesado nesta formación que será única en toda a contorna e unha saída profesional moi demandada na provincia.