PROXECTO DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO

Enviado por admin o Ven, 04/11/2022 - 09:21
04/11/2022 13:12
Atlantic/Bermuda

O equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO está inmerso nun proxecto de formación permanente. Para este curso, as iniciativas, xa comezadas son as que seguen:

  • Actividades con mobilidade Erasmus+, ata o fin de 2022, en diferentes países europeos.
  • Actividades de iniciativa persoal, ao abeiro do Plan de Formación da Consellería de Educación (CAFI e CFR)
  • Actividades de formación permanente en centro, aprobado polo CFR de Lugo, a través dun PFPP con varias liñas:
    • Implementación do Plan Dixital, con formación en creación de contidos para radio e tv escolar, a cargo de Cristina de la Torre.
    • Implementación dos Polos Creativos, con formación en apropiación da contorna con fins educativos, a cargo de Cristina de la Torre.
    • Estratexias de aula para a mellora da convivencia e do benestar emocional, con tres subliñas:
      • Creación de espazos inclusivos educativos, a cargo de Gey Lagar
      • Adopción de estratexias para a xestión de aula, a cargo de Yolanda Fernández
      • Estratexias para a creación de contidos curriculares para diferentes niveis dentro da aula, a cargo de Gey Lagar.

As sesións de formación, que se realizan durante as tardes dos mércores, comezaron, xa, este pasado día 2 de novembro e están programadas ata marzo do 2023.