AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 06:40
22/05/2023 10:12
Atlantic/Bermuda

Publicada a  ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluidos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlace ao texto da Orde

Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II)

Enlace á aplicación FONDOLIBROS

Enlace á SEDE ELECTRÓNICA