VIVIR PARA VIAXAR

Enviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 08:05

Presentamos VIVIR PARA VIAXAR, unha revista dixital interactiva que é o produto dun proxecto interdisciplinar levado a cabo grazas á colaboración de 88 alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º ESO, e de 1º e 2º de Bacharelato, e 7 asesores científico-didácticos do IES POETA DÍAZ CASTRO (Guitiriz), todos eles baixo a coordenación do profesor ANTONIO MAURIZ MARTÍNEZ. Como sinala no editorial Gabriel Lorenzo, o seu director, este proxecto "resultou para todos nós un exemplo de colaboración, creatividade e aprendizaxe tecnolóxica aplicada ao servizo do coñecemento."

O proxecto enmarcouse no programa MOVILIDADE SOSTIBLE E SEGURA, dentro do PLAN PROXECTA +.  

A revista presenta coñecementos extraídos da historia, da arte, da literatura, da bioloxía, da tecnoloxía, etc. A viaxe está vista a través de todos estes saberes. A estructura de Vivir para viaxar organízase arredor de 4 dossieres e 5 entrevistas nos que se afonda dende as raíces históricas da viaxe, ata a temática relacionada co impacto ecolóxico da mesma, pasando pola historia dos medios de transporte ou as viaxes literarias. As entrevistas nos permiten entablar un diálogo con persoas excepcionais e destacadísimos especialistas nas súas respectivas áreas de coñecemento mestúranse cos dossieres, ofrecendo así aos nosos lectores a sabedoría dos entrevistados en relación coa viaxe.

 

VIVIR PARA VIAXAR (pdf)

 

 

 

 

 

( categories: )