Patinaxe sobre xeo

Enviado por admin o Ven, 27/01/2012 - 09:44
00/00/
Array

Organizada polo Departamento de Educación Física, o vindeiro xoves día 2 de febreiro un grupo de alumnos/as do instituto do curso 4º de E.S.O. desplazaráse ao Coliseum de A Coruña para desenvolver unha actividade de Patinaxe sobre Xeo.

Sairán ás 8:30 horas e voltarán ás 13:00.

Profesorado acompañante: ALFREDO HAZ GARRIDO e MANUEL HERRERO VERDURA.

Viaxe didáctica á Coruña

Enviado por admin o Ven, 20/01/2012 - 09:28
00/00/
Array

Organizada polo departamento de Filosofía, o pasado martes día 24 de xaneiro, o alumnado de 1º curso do bacharelato realizou unha viaxe á cidade de A Coruña na que, entre outras actividades, visitaron a Casa do Home, a DOMUS, acompañados/as pola profesora Dª. Olga Aguiar e o profesor D. Alfredo Torres.

AQUÍ tedes un par de fotos do grupo...

Esquí nos Pirineos

Enviado por admin o Mér, 11/01/2012 - 09:18
00/00/
Array

Do 16 ao 20 de xaneiro, e organizada polo departamento de Educación Física, o alumnado do IES Poeta Díaz Castro viaxará á estación de esquí de Candanchú, en Huesca, onde poderán disfrutar duns días entregados ó deporte na neve.

Nesta ocasión serán María Miragaya Pereira e Alfredo Haz Garrido quen se encargarán de tutelar este desprazamento.

Boa viaxe!

Obradoiro de Habilidades Sociais

Enviado por admin o Lun, 09/01/2012 - 10:38
00/00/
Array

O luns 16 de xaneiro comezan cos alumnos da E.S.O. os OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS, nas horas de Titoría, cunha duración de tres semanas consecutivas, e dacordo co seguinte calendario:

 

DÍA HORA GRUPO MATERIA

LUNS 16 de xaneiro

LUNS 23 de xaneiro

LUNS 30 de xaneiro

14:10-15:00 2º ESO A Titoría

MARTES 17 de xaneiro

MARTES 24 de xaneiro

MARTES 31 de xaneiro

13:20-14:10
3º ESO A
Titoría

 MÉRCORES 18 de xaneiro

MÉRCORES 25 de xaneiro

MÉRCORES 1 de febreiro

10:10-11:00

13:10-14:00

2º ESO B

1º ESP A

 Titoría

 XOVES 19 de xaneiro

XOVES 26 de xaneiro

XOVES 2 de febreiro

10:10-11:00

11:30-12:20

1º ESO B

3º ESO PDC

Titoría

 VENRES 20 de xaneiro

VENRES 27 de xaneiro

VENRES 3 de febreiro

11:30-12:20

12:20-13:10

4º ESO A

4º ESO PDC

 Titoría

Representación teatral en Santiago

Enviado por admin o Lun, 09/01/2012 - 10:27
00/00/
Array

Os/as profesores/as Mónica Campo, Antonio Frade e Santiago Dans, acompañarán ao alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de BAC a unha visita a Compostela o día 11 de xaneiro.

Con saída ás 9:00 h. e regreso previsto para as 19:00, asistirán no Colexio "La Salle" á representación da obra teatral "Don Juan".

Sexualidade e imaxe corporal

Enviado por admin o Mér, 14/12/2011 - 19:37
00/00/
Array

 

O martes día 20 de decembro teñen lugar sa sala de audiovisuais do centro unhas xornadas de sexualidade e imaxe corporal co alumnado de 3º da ESO, da man do Centro QUÉROTE.

Dirixidas ao alumnado de 3º de ESO, se desenvolverán dende as 13:20 ata as 15:00.

 

Prevención de Lesións Medulares

Enviado por admin o Mér, 14/12/2011 - 19:29
00/00/
Array

O luns día 19 de decembro teñen lugar na sala de audiovisuais do centro unhas charlas para a prevención de lesións medulares especialmente en accidentes de tráfico, tratando ademáis o tema das barreiras arquitectónicas.

Os horarios dos grupos serán os que figuran na seguinte táboa:

 

Hora Grupo
11:20 - 13:00

1º ESO

2º ESO

13:20 - 15:00

3º ESO

4º ESO

PCPI

Visita a A Coruña

Enviado por admin o Ven, 09/12/2011 - 09:58
00/00/
Array

O vindeiro luns 19 de decembro, un grupo de alumnos/as que habitualmente participan nas activideades da Biblioteca, viaxarán acompañados/as polo profesor Santiago Dans a A Coruña.

O motivo da viaxe é facer unha visita á exposición PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: EXIPTO E MESOPOTAMIA, que actualmente, e ata o 8 de xaneiro, está instalada na sede da FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA.

A viaxe se completará cunha visita á FNAC dirixida á adquisición de fondos.

TEATRO EN FRANCÉS: "Le malade imaginaire"

Enviado por admin o Mér, 23/11/2011 - 09:23
00/00/
Array

O vindeiro venres día 25 de novembro, o alumnado de francés deste centro asistirá no Colexio San Xosé de Lugo a unha representación de teatro en francés. A obra que van ver é "Le malade imaginaire" (O doente imaxinario) de Molière. Neste desprazamento serán acompañados polas profesoras Jacqueline López García, Begonia Iglesias Carballo e Jaclyn Sylvia.

Actuación de TROPA DE TRAPO

Enviado por admin o Mér, 16/11/2011 - 07:13
00/00/
Array

O xoves 17 disfrutaremos no instituto da actuación de TROPA DE TRAPO.

Terá lugar no Salón de Actos, para 3º de ESO e 4º PDC, entre as 11:30 e as 12:30.

Para o alumnado de 1º de ESO, TROPA DE TRAPO visitará as súas aulas entre as 12:30 e as 13:30.

Distribuir contido