Skip to Content

Matemáticas

CONVERXENCIAS ARTE-CIENCIA

"Marcha" matemática con Juan Gris

Botella y libro     Agora que só quedan uns poucos días para o regreso do Día da Ciencia na Rúa, no que participará -entusiasta- o noso centro, o alumnado de matemáticas de 1º Bacharelato quenceu motores acudindo a unha nova exposición de converxencias entre as ciencias e as artes, nesta ocasión tomando coma referente pictórico a un dos maestros do cubismo analítico de principios do século XX, o pintor Juan Gris. A actividade "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) permite ao alumnado estudar a relación da pintura coa matemática -máis no caso deste interesante movemento artístico de avangarda que establecía unha nova obxectividade na creación artísitica.
    O alumnado desfrutou da exposición interactiva traballando a obra deste pintor desde múltiples perspectivas científicas. Así, puido presenciar unha presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris, unha exposición de reproducións da súa obra, a consulta de paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise. Tamén puideron os alumnos e as alumnas contemplar versións de obras de arte dixital de Manuel Díaz impresas en 3D, así como a exposición de poliedros premiados no concurso Novos Poliedros do 2021 realizados por alumnado de varios centros educativos galegos.
    Ademais, o noso alumnado participou nunha serie de obradoiros destinados a afondar na parte expositiva da actividade, traballando cuestións tan fascinantes coma a simetría 2D e 3D, as ilusións ópticas, as espirais de Fibonacci ou a topoloxía. En fin, un festival de gozo matemático (e artístico, claro).
    Velaquí algunhas fotiños do evento, para deleite de propios e extraños.

010203
040510

O alumado do IES Elviña na Olimpiada Matemática

Logo AGAPEMAA semana pasada o IES foi un dos catorce centros da área da Coruña participantes na Olimpiada Matemática organizada por AGAPEMA. Destinada aos estudantes de 2º ESO, a Olimpiada Matemática é unha convocatoria anual para os máis apaixoados entusiastas de números e formas xeométricas. Aqueles que aceptan o desafío poñen a proba o seu inxenio fronte a problemas matemáticos de formidable dificultade, co énfase posto na valoración da orixinalidade e creatividade nas respostas, mesmo por riba da súa exactitude.

Na foto, os nosos oito fabulosos participantes na edición deste ano. Grazas por representarnos e sorte coa fase de zona!

 

Foto con diplomaFoto de grupo

ARTE E CIENCIAS: CONVERXENCIAS

VISITA DO ALUMNADO AO CENTRO ÁGORA: ESCHER E A XEOMETRÍA IMPOSIBLE

Ágora

 

Por fin, despois das restricións pandémicas pode o noso alumnado albiscar o exterior do centro. Tocoulle desta vez ao Centro Ágora, onde o Servizo Municipal de Educación do Concello organiza a actividade "Converxencias, arte e ciencia: Escher", en colaboración co IGACIENCIA (Instituto Galega da Ciencia).

Escher01Escher02Escher 03
Escher04Escher05Escher06

 

A exposición trata de acercar aos rapaces dun xeito lúdico a determinados fenómenos matemáticos a partir das xeometrías tridimensionais imposibles do artista plástico neerlandés Maurits Cornelis Escher (1898-1972)

Escher foi un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia. Unha icona universal apaixoada polo coñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a  cristalografía e a xeometría nas súas creacións artísticas. Os mundos paralelos, a metamorfose espazo-tempo, a procura do infinito no plano, as construcións imposibles... iso e máis forma parte do universo de Escher que se mostra e que se ve reflectido nas súas propias verbas: "Debuxar é enganar.  O meu traballo é un xogo... Un xogo moi serio.  Só quen tente ao absurdo logrará o imposible…"

Artista do engano, pois, coma todos os artistas (diría Platón), Escher serviu de pretexto para unha chea de actividades interactivas destinadas á reflexión sobre a xeometría e a matemática na que participou o noso alumnado de ESO.

Pasárono ben, segundo parece. Que se repita...

ÉXITO NA OLIMPIADA MATEMÁTICA

O ALUMNADO DO IES ELVIÑA, VICTORIOSO NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

O alumnado do IES Elviña participou neste curso na Olimpiada matemática da AGAPEMA por iniciativa docente do Departamento desta especialidade. Precisamente a pasada semana celebrouse no Círculo das artes de Lugo a final galega deste evento, onde un representante do noso centro acadou o trofeo á "Beleza matemática" polo seu bo facer nas olímpicas probas numéricas (difíciles dabondo, mais non para el, segundo parece).

Noraboa, Paulo, polo teu éxito, que é o de todo o centro. Segue así!

 Paulo gañador

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2021

O IES ELVIÑA DE NOVO PARTICIPANTE NO DÍA DA CIENCIA

Cartel

Desde hai anos, o noso centro ten por tradición da primeira semana de maio, a participación no Día da ciencia na rúa, que vai xa pola súa XXV edición. O ano pasado, o confinamento impediu o desenvolvemento desta actividade, que o Dpto. de matemáticas tiña xa preparada. Por fin, este ano recupérase a tradición de festexar a ciencia na nosa cidade, pero, co aquel de tornar á normalidade pouco a pouco, o fasto houbo de pasar da rúa ao teatro, como lé o lema do cartel anunciador. Pois ben, benvido sexa, pois, o Día da Ciencia no teatro!

 

Ciencia 1
Día da ciencia 2

E ao teatro fomos: unha exquisita selección de alumnado de ESO e Bachaerlato do noso centro e máis dúas profesoras do Dpto. de matemáticas (as dúas Marías, a saber, Sancosmed e Chan, que ergueron o pavillón científico de Elviña con alta dignidade no amplo escenario do Colón). Alí expuxeron os rapaces e rapazas os seus matemáticos traballos, dos cais quedará memoria por mór do glorioso invento de Niepce (exemplos consultables enriba e no Instagram do centro)  e do vídeo dixital colgado en Vimeo pola organización do evento.

Que lles aproveite aos interesados (e interesadas)!
E
noraboa aos sabios participantes!

Vídeo VIMEO

Distribuir contido


by Dr. Radut