Skip to Content

Avaliacións, Titulación, promoción e matrícula de honra, Criterios de calificación, 2º BACH

PROBAS ABAU 2021

Calendario das probas ABAU 2021

O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 13 de maio. O alumnado que titule, dacordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU) entre o 20 e o 24 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
20 ao 24 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2021
Na secretaría do instituto e
a través de NERTA
Alumnado aspirante
25 e 26 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2020
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
8 ao 10 de xuñoRealización das
probas ABAU 2020

FACULTADE DE DEREITO

Alumnado aspirante
17 de xuñoCualificacións
provisionais ABAU

NERTA

--
18-22 de xuñoSolicitude de
revisións

NERTA

Alumnado
24 de xuñoCualificacións
definitivas ABAU

NERTA

-- 

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
28-29 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
29-30 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
13 ao 15 de xuñoRealización das probas
extraordinarias ABAU 2020
Por determinar

Alumnado aspirante

*      *      *

DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA

A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)

B. Procedemento de matrícula ABAU:

Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA

C. Instrucións para o alumnado

D. Instrucións para o uso de NERTA

*      *      *

PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Todo o alumnado que titule en Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharelato e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:

A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso

*      *      *

MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU

As modificacións establecidas para o curso pasado manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].

Parámetros de ponderación para o curso actual

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E AVALIACIÓN DA TERCEIRA AVALIACIÓN

ADAPTACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR DEPARTAMENTOS PARA A TERCEIRA AVALIACIÓN

Dacordo coas instrucións recibidas da Consellería de Educación, os departamentos didácticos fixeron unha adaptación dos contidos e dos criterios de avaliación e cualificación para a 3ª avaliación que tivese en conta as circunstancias excepcionais do confinamento polo Covid-19. Estas adaptacións fanse públicas a través da nosa páxina web, dacordo con esas mesmas instrucións.

 

DEPARTAMENTO
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
ECONOMÍA
ED. FÍSICA
FILOSOFÍA
FÍSICA E QUÍMICA
FRANCÉS
INGLÉS
LINGUA CASTELÁ
LINGUA GALEGA
LINGUAS CLÁSICAS
MATEMÁTICAS
MÚSICA
ED. PLÁSTICA
RELIXIÓN
TECNOLOXÍA
XEOGRAFÍA E Hª

CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

REMATE DA 2ª AVALIACIÓN
E CUALIFICACIÓN DO ALUMNADO

     O IES Plurilingüe Elviña, en consonancia coas recomendacións da Consellería de Educación, Universidade e FP, manterá o calendario previsto de peche da segunda avaliación compartido con alumnado e familias ao inicio de curso. Polo tanto, o persoal docente, na medida do posible coas limitacións actuais, completará o seu labor de avaliación a tempo para proceder á difusión das cualificacións parciais ás familias a partir do venres 3 de abril, tal e como estaba previsto.


Aspectos da excepcionalidade do proceso
de avaliación pola alerta sanitaria

  • Cómpre ter presente en todo momento o contexto de excepcionalidade sin precedentes da situación actual, que pode esixir modificacións -aínda nesta mesma semana- para adaptarse a novos acontecementos e/ou novas instrucións das autoridades educativas.

  • Conforme ás instrucións das autoridades educativas, para a cualificación das materias terase en conta exclusivamente o traballo desenvolvido polo alumnado ata o 13 de marzo, momento de suspensión da actividade presencial.

  • As imposicións inherentes á situación actual fan imposible satisfacer na súa totalidade o contemplado nas programacións didácticas. O profesorado dos departamentos, como máximos especialistas por materia e en ausencia de instruccións adicionais, poderán flexibilizar as previsións que figuran nas programacións para facer a interpretación máis axeitada en cada caso, e que mellor represente a adquisición de competencias demostrada polo alumnado ata o momento de suspensión das clases

  • O IES deixa constancia de que as restriccións da actividade ordinaria postas en vigor polo actual estado de alerta sanitaria condicionan as posibilidades do persoal docente no momento de cualificar por aspectos tales como a dificultade de acceso físico á información almacenada no centro, os problemas de redes na actividade telemática nos fogares ou mesmo as posibles convalecencias por enfermidade, por exemplo. Estes feitos dificultan cualificar con precisión ata un punto que non atoparía paralelismo nun contexto habitual.

  • No que atinxe ao punto anterior é obrigado lembrar que as instruccións impostas polas autoridades sanitarias prevalecen hoxe por hoxe sobre calquera outra consideración. O persoal da comunidade docente concede que ten que sacrificar o seu compromiso co celo educativo ante obxectivos más trascendentes, como o risco de multiplicación de contaxios, coas súas consecuenicas na posible perda de vidas humanas e de extensión no tempo ou nos termos do período de confinamento actual

  • As cualificacións serán, como sempre, consultables a través da aplicación móbil Abalar, canle recomendada, a partir do venres día 3 de abril ás 14:00 horas. Os titores farán o seu maior esforzo por facer chegar a través medios telemáticos, o boletín de cualificacións a todas as familias que non consten como usuarias da app Abalar móbil.

  • As familias deben facer unha interpretación das cualificacións recibidas consecuente con todo o anterior. Asúmese que vai ser moi difícil que resulten unha representación do traballo desenvolvido igual de fidedigna que nun contexto de normalidade. Nese senso, debe subliñarse que as cualificacións da 2ª avaliación teñen un carácter primordialmente informativo, e son de menor relevancia formal que a cualificación ordinaria de xuño ou a extraordinaria de setembro (que son as únicas que computan legalmente). As posibles dúbidas ou observacións das familias serán tratadas caso a caso polos titores tras da reincorpoación ao traballo presencial, e poden ser de momento remitidas ao correo corporativo do centro

  • A forma de proceder aquí descrita é susceptible de evolucionar en calquera momento para adaptarse a novos acontecementos que a todos nos poidan afectar


Continuidade do labor docente
e compromiso de traballo telemático

Insistimos no compromiso do centro coa continuidade do labor educativo por múltiples canles mentres perdure a suspensión de actividade presencial, principalmente mediante a aula virtual do IES. A comunidade docente desexa felicitar ao alumnado polo ímpetu inquebrantable de traballo que abrumadoramente está a mostrar desde o pasado día 13 de marzo, pese ás circunstancias adversas.

Nunha concesión allea ao núcleo da nosa actividade, xustificada polo inusual da situación, en nome de toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña reiteramos os nósos ánimos a todas as familias, a todas as persoas convalecentes e os seus achegados, e aos representantes dos distintos colectivos que intensifican o seu traballo para revertir a situación á normalidade o antes posible.

ENTREGA DE CALIFICACIÓNS EN ESO E 1º BACHARELATO

Avaliación e procedementos 
de reclamación ás calificacións en ESO e 1º de Bacharelato

O alumnado de ESO e 1º de BACH remata as clases o 21 de xuño. O día 26 de xuño, o profesorado titor procederá á entrega dos boletíns de calificacións finais ás 10:30. Dacordo coa lexislación vixente (Artigos 37, 38 e 39 da Orden ECD/1361/2015, de 3 de julio, por la que se establece el currículo de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato para el ámbito de gestión del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y se regula su implantación, así como la evaluación continua y determinados aspectos organizativos de las etapas), o alumnado terá dereito a reclamar aquelas calificacións nas materias nas que teña algunha dúbida a través de tres procedementos:

TIPOMEDIOLUGARRESPOSTAPRAZO

Solicitude de 
aclaracións

Instancia dirixida 
ao profesor 
da materia

Secretaría 
do instituto
Resposta polo 
profesorado 
no mesmo día
Ata as 13:30 horas do
26 de xuño
Reclamación ante 
o centro 
de ensino
Instancia dirixida
á dirección 
do centro
Secretaría 
do instituto
Resposta fundamentada por
escrito da Xefatura do Dpto.
Ata as 14:00 horas do
28 de xuño
Reclamación ante a 
comisión
de supervisión*
Instancia dirixida á
presidencia 
da comisión
de supervisión*
Secretaría
do instituto*
Resposta fundamentada
por 
escrito da Presidencia
da comisión*
24 horas desde a recepción 
da resposta 
de reclamación
ante o centro*

*Prazo máximo para a súa presentación: 18:00 horas do 29 de xuño

 

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

012º BACHARELATO. 41ª PROMOCIÓN (2017-2019)

Rematado o curso, o pasado venres 24 de maio o noso alumnado de 2º de Bacharelato celebrou o seu ansiado egreso. Por esta causa, todos os integrantes da comunidade de Elviña -familias, alumnado, profesorado e persoal non docente-, sacaron do armario as súas mellores galas para o evento. Pagaba a pena facelo para unha ocasión tan festiva.  A nosa benquerida amiga Mercedes Feijóo Díaz acudiu de novas ao centro na súa calidade de exdirectora, profesora de matemáticas e conferenciante (aí queda iso!) para dar unha ultima lectio aos graduados e ás graduadas sobre a vida de dúas mulleres matemáticas de excepción (a francesa Sophie Germain e a galega María Wonenburger). Todos os presentes desfrutaron da charla, amena e didáctica.

020304
10a10b10c
10d10f10e

Os rapaces e as rapazas do curso recolleron os seus diplomas conmemorativos e leron os seus discursos de despedida, inmellorablemente dirixidos polos presentadores do evento, Tatiana e Miguel, que amosaron o seu encanto natural e bo humor. A ocasión do egreso dunha promoción ten sempre esa dupla faceta de alegría polo fin dun ciclo e de melancólica tristura pola despedida. Así foi unha vez máis. En todo caso, parabéns a todo o alumnado que rematou os seus estudos. Agora toca voar alto.

Orla

 

Distribuir contido


by Dr. Radut