Skip to Content

O MECO MANDA

Esta semana arranca o entroido no noso centro e o Meco do Fernando estará a dar ordes que compre non desobedecer.

O venres pasado xa mandou recado:

 " Se feliz queres estar, no ENTROIDO DO FERNANDO BLANCO tes que participar:

  • O LUNS, os ollos e as uñas terás que pintar.
  • O MARTES, algo na cabeza traerás"....

Parabéns ao alumnado de FP Básica de Electricidade e Electrónica pola elaboración dun Meco moi interactivo.

 

VISITA INSTITUCIONAL CONCELLO DE CEE. CORRESPONDENTES XUVENÍS

O pasado venres 2 de febreiro, o noso alumnado de Formación Profesional Básica dos ciclos de Electricidade e Electrónica e de Mantemento de Vehículos, dentro do programa do Plan Proxecta, Correspondes Xuvenís foron recibidos por Dona Margarita Lamela, Alcaldesa de Cee e Dona Emilia Trillo, Concelleira Delegada de Servizos Sociais, Benestar Social, Sanidade e Igualdade, no Salón de Plenos do Concello de Cee onde tiveron a oportunidade de coñecer como se organiza e funciona o concello de primeira man. Pola súa parte o alumnado compartiu as súas inquedanzas e todas as actividades que están a desenvolver dende o Proxecto Acadix e Correspondentes Xuvenís.

Moitas grazas pola acollida.

EDUCACIÓN PARA ADULTOS

O pasado martes 30 de xaneiro,  Luzbitt e Nisar, do módulo 1 do Ámbito Social de Educación para adultos, presentaron a súa "palabra improvisada", unha actividade ben atractiva e dinámica para presentar os novos contidos a través dunha palabra, co obxectivo de estimular e axudar  ao alumnado na súa aprendizaxe.

Parabéns polo respecto amosado, por ter superado os medos e obstáculos, pola vosa perseverancia e polo esforzo en desenvolver novas habilidades comunicativas.

“Comeza facendo o necesario,despois o posible, e de repente atoparaste facendo o imposible”. Francisco de Asís.

OBRADOIRO MURAL DE AZULEXOS-SUMINISTROS LAR

O pasado venres 26 de xaneiro o noso alumnado de 3º da ESO dentro das actividades complementarias programadas polo Departamento de Debuxo na asignatura de Plástica, acudiu ás instalacións de Suministros Lar onde participou nun obradoiro sobre cortado e pegado de azulexos que resultou ben interesante.

Grazas a Suministros Lar pola acollida.

                               

PROGRAMA XOGADE NO FERNANDO BLANCO

O pasado mércores 24 de xaneiro, alumnado da ESO asignado ao programa Xogade desprazouse á Serra de Outes para participar nunha xornada de Bádminton.

OBRA DE TEATRO-"MOZAS NAS REDES" Compañía aAntena.

"Pasa máis do que pensamos" foi a conclusión a que chegou un alumno de FPB do noso centro educativo o pasado martes 23 de xaneiro no coloquio que se abriu no Salón de Actos do noso centro trala representación do espectáculo unipersoal con Estíbaliz Veiga sobre o groomin e cyberacoso “MOZAS NAS REDES”, da man da compañía de Teatro aAntena.

MOZAS NAS REDES é un espectáculo teatral didáctico enfocado cara os mozos e mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que acontecen no entorno das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación dentro do Programa Plan Proxecta+ " Por 365 días de respecto e igualdade". 

MOZAS NAS REDES afonda na realidade que agochan detrás o uso das novas tecnoloxías para capacitar á rapazada de ferramentas de detección dos posibles conflitos. 

ABRAHAM CUPEIRO

Tal como xa viñemos de anunciar, o pasado martes 23 de xaneiro o alumnado e profesorado da ESO do noso centro e do IES Lamas de Castelo de Carnota, tiveron o pracer de contar co marabilloso multiinstrumentista Abraham Cupeiro nunha actividade-concerto conxunta na casa da cultura de Cee.

Grazas Abraham pola túa xenerosidade.

VISITA DO ALUMNADO DO CEIP PLURILINGÜE SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Este mércores 24 de xaneiro tivemos no IES Fernando Blanco a visita do alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría. A visita corresponde a unha invitación feita pola profesora e o alumnado de Cultura Clásica que está a traballar agora mesmo nos Xogos Olímpicos. Trece alumnos e alumnas de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria presentaron o seu proxecto “Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024”. A continuación o alumnado de Cultura Clásica mostrou a súa exposición “Xogos Olímpicos na Antiga Grecia”.

Ao rematar as exposicións, o alumnado de Dumbría coñeceu as instalacións do noso centro: salón de actos, capela, torre do reloxo, talleres, biblioteca, aulas...

Foi un pracer contar coa visita de alumnado e profesorado nas nosas instalacións e moito máis compartir proxecto!!

CORRESPONDENTES XUVENÍS e PUNTO DE INFORMACIÓN XUVENIL

Dentro do Plan Proxecta, concretamente na liña de Correspondentes Xuvenís 3.0  o pasado venres 19 de xaneiro tivemos a visita de Fernando Rodríguez, dinamizador da Rede Galega da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,  na cal se fixo unha presentación aos nosos Correspondentes Xuvenís sobre os programas e servizos de Xuventude.

Posteriormente, preparouse e organizouse un PIX (Punto de Información Xuvenil) para a activación do Carné Xove do alumnado interesado, actividade que resultou ser todo un éxito.

 

 

 

 

 

 

INNOVATECH FP

Dentro do programa InnovaTech FP,  no que o IES Fernando Blanco está a participar nesta primeira edición, estanse a desenvolver direferentes actividades formativas baseadas na metodoloxía " Design Thinking" 

Unha delas tivo lugar no CIFP Compostela o pasado venres 19 na cal o noso alumnado participante acadou ferramentas para poder poñer en práctica na resolución do seu reto.

Distribuir contido


by Dr. Radut