Skip to Content

Atención ao público durante o mes de agosto

A atención ao público durante o mes de agosto farase a través do seguinte enderezo electrónico:

ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

Desculpen as molestias.

PRAZAS VACANTES NO CS DUAL AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

No IES Fernando Blanco hai prazas vacantes no CS Dual de Automatización e robótica industrial, as persoas interesadas e que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior, poden presentar a súa solicitude, xunto cunha copia do seu DNI polas dúas caras, certificado dos estudos que alega para o acceso e o seu curriculum vitae en formato Europass.

Poden presentar a documentación de forma presencial na oficina do IES Fernando Blanco.

MATRÍCULA EN 1º DE CM E CS (RÉXIME ORDINARIO OU RÉXIME DUAL) CURSO 2023/24

O alumnado que resultou admitido no IES Fernando Blanco, en 1º de ciclos medios e 1º de ciclo superior (no réxime ordinario), deberá formalizar a súa matrícula entre o día 19 de xullo de 2023 ás 9:00 horas e o 24 de xullo de 2023 ás 13:00 horas.

O alumnado de 1º CS Automatización e robótica industrial (Dual)deberá formalizar a súa matrícula entre o día 18 de xullo de 2023 ás 9:00 horas e o 26 de xullo de 2023 ás 13:00 horas.

A documentación necesaria e os impresos que deben cumprimentar, pódense descargar no seguinte link:

INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA 1º CM E 1º CS RÉXIME ORDINARIO

 

INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA 1º CS DUAL

 

A documentación pódese presentar de forma presencial previa petición de cita no 881880467

Publicación de cualificacións en ABALAR

 

As cualificacións de todas as ensinanzas publicaranse en ABALAR xoves 22 de xuño ás 20:00 horas, agás as de 2º do C.S. de administración e finanzas que se publicarán luns 26 de xuño ás 12:00 horas.

 

Admisión a ciclos formativos de FP 2023/2024

A partir do venres 23 de xuño de 2023 ás 9:00 e ata mércores 5 de xullo de 2023 ás 13:00 horas para o réxime ordinario e para o réxime Dual, as persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de admisión nos ciclos formativos que se ofertan no IES Fernando Blanco para o curso 2023-2024. 

Máis información sobre o proceso de admisión facendo clic AQUÍ 

Calendario cos prazos do proceso, CM e CS Ordinario

Calendario cos prazos do proceso, CS Dual

 

Os ciclos ofertados polo noso centro son:  

Ciclo Superior de Administración e Finanzas

Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial (Dual só 1º curso)

- Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría (Dual só 2º curso

Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas

Ciclo Medio de Xestión Administrativa

Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico

Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles

 

Na pestana de OS NOSOS CICLOS, na parte superior da web, tedes información ampliada.

Día da ciencia na rúa

O Fernando Blanco organiza o Día da Ciencia na Rúa luns 12 de xuño. Este é un proxecto levado a cabo coa colaboración de diversos departamentos do centro, que busca sacar o coñecemento adquirido polo alumnado á rúa, e facer partícipes do seu traballo á poboación en xeral, así coma mellorar a súa competencia comunicativa, científica e divulgativa, entre outras.

Tras un arduo traballo por parte do alumnado, nesta primeira edición conseguiuse preparar 12 postos, con retos e experimentos enmarcados en todas as ramas da ciencia, sempre buscando un obxectivo divulgativo e entretido. Esta xornada está orientada cara o alumnado dos centros educativos da contorna, aínda que pode participar calquera persoa que decida achegarse.

A resposta dos centros á actividade foi moi positiva, estando prevista a asistencia de máis de 450 alumnos dos seguintes centros educativos: IES Agra de Raíces, IES Lamas de Castelo, CEIP Vila de Cee, CPR Manuela Rial e o alumnado da ESO do IES Fernando Blanco.

Aínda que inicialmente estaba previsto realizar a xornada na Alameda de Cee, debido ao mal tempo con previsión de chuvias para este luns, faise no Pavillón polideportivo municipal.

Esta xornada conta coa colaboración do Concello de Cee.

Álbum: Web -> Día da ciencia na rúa 12/06/2023

Gran Final da XII Olimpíada cultural o saber ten premio

Foto de grupo ao remate da gran final 9/6/2023

 

Este venres 9 de xuño tivo lugar a Gran final da XII edición da Olimpíada cultural O Saber ten Premio, no salón de actos do IES Fernando Blanco onde estaba presente o alumnado, as súas familias, o profesorado e os patrocinadores que a fan posible. Tamén nos acompañou a Directora Xeral de Formación Profesional dona Eugenia Pérez Fernández, así como a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco. 

Esta Gran final estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida. A ela chegaron 3 equipos que se clasificaron despois das semifinais previas, estes equipos foron: Os Colegas, Os Fenómenos e Os Malagueños.

A Gran final tivo dúas partes:

Na primeira parte, os 3 equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre máis de 1.000 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático. Nesta primeira parte resultaron clasificados Os Colegas e Os Fenómenos. 

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema Influencer: Realmente é unha profesión?, na que os dous equipos clasificados defenderon posturas opostas, Os Colegas a favor de que influencer é unha profesión e debe ser regulada e Os Fenómenos en contra. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

O primeiro premio de 600 €, correspondeulle ao equipo Os Colegas  integrado por Daniela Alves Estévez de 2º bacharelato, Camilo Rodríguez Espasandín de 1º bacharelato, Elián Estévez Moure de 1º CS de Administración e Finanzas, Mateo Buschmann Bella de 4º da ESO e Mateo Alves Estévez de 4º da ESO. Este premio foi entregado por don Justo Trillo Lado representante de XEAL que é a empresa que patrocina o primeiro premio.

O segundo premio de 400 € foi para o equipo Os Fenómenos que estaba formado por Candela Vázquez Martínez de 2º bacharelato, Uxío Nemiña Formoso de 1º bacharelato, Brais Canosa Lestón de 2º da ESO, Claudia Manchado Valín de 2º da ESO e Jonathan West Haya de la Torre de 1º CM  de Xestión administrativa. O premio foi entregado por dona Mélani Lois Barcia que representaba a GERCA, que era a empresa que patrocinou este 2º premio.

O terceiro premio dotado con 300 € foi gañado polo equipo Os Malagueños composto por Marta Vérez Pequeño de 2º bacharelato, Adriana Castiñeira Iglesias de 2º bacharelato, Rubén Trillo Piñeiro de 1º CM de Matemento Electromecánico, David Santabaya Paz de 4º da ESO, Lucía Canosa Lestón de 2º da ESO. Fixo entrega do premio don Severo Roget Romero, en representación de Ferretería Roget, que é a empresa que patrocinou este 3º premio.

Durante o desenvolvemento da gala tivemos a oportunidade de ver o vídeo elaborado por 1º CM Xestión administrativa que obtivo o 1º premio no concurso do 25 N contra a violencia contra a muller, así como vídeos sobre as actividades realizadas durante o curso. Tamén se fixo entrega dos premios do XVI Concurso de microrrelatos.

Para rematar a gala a Directora xeral de Formación Profesional, dona Eugenia Pérez, fixo unha intervención na que salientou a implicación de toda a comunidade educativa do Fernando Blanco na Olimpíada Cultural e felicitou a todo o alumnado polo seu interese en ampliar coñecementos e facelo traballando en equipo e atrevéndose a facer unha exposición pública deses coñecementos.

PLAN CUALE DE INGLÉS. CURSO 2023/24

Ata o 7 de xuño de 2023 está aberto no IES Fernando Blanco o prazo para a preinscrición no Plan CUALE de inglés nivel A2 ou nivel B1.

Tedes toda a información no cartel adxunto, así como o link ao impreso para facer a preinscrición. 

LINK AO IMPRESO DE PREINSCRICIÓN

 Cartel informativo CUALE 2023/24

Podedes ampliar facendo clic sobre o cartel:

Distribuir contido


by Dr. Radut