Admisión a FP Dual

Convocatorias para o curso 2017-2018



Convocatoria de xuño de 2017

Publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 13 de xuño de 2017, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 22 o 30 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

A persoa interesada en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentará unha única solicitude en calquera dos centros que aparecen no anexo II da Orde do 13 de xuño de 2017, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión.

Centros e ciclos nos que se amplía o prazo

Concello Centro Ciclo Máis información
A Coruña 15024513 - CIFP Someso CSIMP01 - Estética integral e benestar 881880001
Chantada 27003175 - IES Val do Asma CSADG01 - Administración e finanzas 982870236
Chantada 27003175 - IES Val do Asma CSHOT02 - Axencias de viaxes e xestión de eventos 982870236
Chantada 27003175 - IES Val do Asma CSIFC03 - Desenvolvemento de aplicacións web 982870236
Foz 27020562 - IES de Foz Dobre titulación en Dirección de servizos de restauración e en Dirección de cociña 982870287
Lugo 27015773 - IES Muralla Romana CSIMP01 - Estética integral e benestar 982828081
Lugo 27016455 - IES Sanxillao CMHOT01 - Cociña e gastronomía 982828088
Mondoñedo 27006966 - IES Plurilingüe San Rosendo CMAGA04 - Aproveitamento e conservación do medio natural 982870539
Ourense 32009131 - IES Universidade Laboral CMTMV01 - Carrozaría 988788486
Pontevedra 36020064 - CIFP Carlos Oroza CSHOT01 - Xestión de aloxamentos turísticos 886159545
Pontevedra 36020064 - CIFP Carlos Oroza Dobre titulación en Dirección de servizos de restauración e en Dirección de cociña 886159545
Ribadeo 27020793 - CIFP Porta da Auga CMTMV03 - Electromecánica de maquinaria 982128894
Santiago 15015767 - CIFP Politécnico de Santiago CSELE01 - Sistemas electrotécnicos e automatizados 981522062
Santiago 15016000 - CIFP Compostela CSHOT01 - Xestión de aloxamentos turísticos 881866570
Santiago 15026753 - IES A Pontepedriña CSCOM03 - Xestión de vendas e espazos comerciais 881867152
Valga 36020362 - IES de Valga CMFME02 - Soldadura e caldeiraría 886151980
Vilagarcía de Arousa 36013771 - IES Fermín Bouza Brey CSIMA03 - Mecatrónica industrial 886151956
Vilamarín 32016285 - IES de Vilamarín CSHOT01 - Xestión de aloxamentos turísticos 988286013

Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter entre dezaoito anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo) e vinte e nove anos no momento de inicio do ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, segundo a redacción dada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Oferta de ensinanzas

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, ou copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
  • No caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica na que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.
Etiquetas: 
Tema: