Club de Ciencias

Reciclaxe de papel, xogos matemáticos e a maxia da cristalización: Nova xornada do club de ciencia

Este luns 14 de novembro tivo lugar unha nova quedada do club de ciencias do IES A Guía. Nesta ocasión, o alumnado participante rematou a reciclaxe de papel e continuou cos xogos matemáticos ademais de introducirse no mundo da cristalografía empregando distintas temperaturas para levar a cabo a cristalización do azucre.

cienias1

1º de bacharelato de ciencias do IES A Guía entre os 5 mellores no Challenge STEM

O alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencia e Tecnoloxía do IES A Guía está entre os 5 mellores equipos científicos do reto Challenge STEM, organizado pola Universidade da Coruña.

Ao longo do mes de outubro, case 270 estudantes de bacharelato e da Formación Profesional de toda Galicia competiron para resolver desafíos e enigmas dun buque de metano, o Mozah. Para a resolución do reto, demostraron coñecementos de Matemáticas, Física, Química, Tecnoloxía e de Ciencias en xeral.

Dende o IES A Guía queremos felicitar ao profesorado participante, e por suposto, e moi especialmente ao noso alumnado. PARABÉNS!!!!

challenge STEM

Comezamos cunha nova edición do club de ciencia

O pasado luns 17 de outubro arrancamos unha nova edición do club de ciencias do IES A Guía. Nesta ocasión o alumnado participante de todos os cursos da ESO e do Bacharelato, levou a cabo experimentos relacionados coa reciclaxe de papel, a aviación, a teoría de xogos, os modelos atómicos ou as forzas intermoleculares. Aquí podedes ver unha mostra dos experimentos da reciclaxe de papel.

club1

Visita do CINBIO ao IES A Guía

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º de bacharelato puido converterse en persoal científico do CINBIO investigando a composición de 3 tipos de zumes coa análise do contido de glicosa, pH e incluso cunha medida espectrofotométrica.

CINbio1

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer