Club de Ciencias

Visita Aula Newton en Ourense

O venres 3 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de ESO visitou as instalacións de Aula Newton no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. A visita englóbase dentro das actividades do club de ciencia, grazas á colaboración dos departamentos de Educación Física (conceptos básicos de orientación), Matemáticas (cálculos e medidas de distancias e ángulos) e Física e Química (cálculos de velocidade e distancias) para trazar unha ruta de voo que logo levaron á práctica nun simulador.

1

"Got talent" coa temática de Bioloxía e Xeoloxía

A semana pasada, o alumnado de 1º de ESO actuou ao estilo "GOT TALENT" con cancións adaptadas á Bioloxía e Xeoloxía, de elaboración propia. Un xeito diferente de aprender Risa

1

Derradeiro club de ciencia do curso: Trivial científico e cazatesouros

O luns 2 de maio, o alumnado foi quen de atopar 3 chaves agochadas nos arredores do IES A Guía, tras unha rolda de 3 preguntas científicas, para acadar a posibilidade de facer a proba final contestando a todas as preguntas do trivial.Guay

1

Club de ciencia: Construímos un disco de Newton

O alumnado de 1º de ESO empezou a construír un disco de Newton, capaz de combinar as cores para xerar luz branca. Do mesmo xeito, observaron como se pode descompoñer a luz branca nas correspondentes cores.

6

7

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer