Club de Ciencias

Club de ciencias

Nesta sección podes atopar todas actividades STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) desenvolvidas no marco club de ciencia do IES A Guía.

29 de xaneiro:Reunión do club de ciencias.

O pasado luns día 29 reuníuse o club de ciencias na primeira sesión do proxecto " A carreira espacial"

 

club ciencias

Visita á Casa das Ciencias e á Torre de Hércules

O pasado 22 de maio, o alumnado de 2º de ESO do IES A Guía realizou unha saída á cidade de A Coruña. En primeiro lugar, visitaron a Casa das Ciencias, onde poideron experimentar en primeira persoa os contidos de materias como a física ou as matemáticas. Logo, desprazáronse á Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo.

Clase de RCP para o alumnado de FPB e Anatomía Aplicada

O pasado día 10 de maio, visitaron o IES A Guía un equipo de médicos do centro de saúde de Sárdoma para impartir unha clase de RCP básica. Participou o alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Comerciais e o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Anatomía Aplicada. Durante a sesión, o alumnado aprendeu como actuar no caso dun esvaecemento practicando con bonecos que o departamento de Educación Física cedeu para a realización da actividade. Dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía e, en xeral dende o IES A Guía, queremos agradecerlle ao equipo médico que se achegou ao centro e a colaboración do dpto. de Educación Física. Grazas!

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer