Skip to Content

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2023/24. Convocatoria ordinaria

16 de maio 2024:

9:00 horas, aulas de cada grupo: Entrega boletíns de cualificacións. Publicación en Abalar

9:15 horas, aula de usos múltiples: Reunión da orientadora co alumnado que se presenta á ABAU na convocatoria ordinaria.

20 e 21 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión: O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

 

Reclamación:

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación:

Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.

22 de maio (14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

Solicitude de revisión da decisión de titulación

Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.

22 de maio: Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de titulación á vista das alegacións realizadas.

16 e 20 de maio: Matrícula ABAU no centro

21 de maio: Continuidade das clases (preparación probas ABAU e/ou probas convocatoria extraordinaria).

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial. Premer no enlace para acceder aos modelos.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión sobre a titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial. 

Convocatoria asamblea xeral

O martes 4 de xuño de 2024 terá lugar a asamblea xeral da ANPA As Brañas, na sala de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

  • 19:00 horas: primeira convocatoria.
  • 19:30 horas: segunda convocatoria.

Orde do día:

  • Presentación das contas.
  • Presentación da actividade.
  • Presentación de novas candidaturas a directiva.
  • No caso de non presentarse outro equipo directivo, disolución da asociación.

Matrícula ABAU 2024

DATAS MATRÍCULA ABAU NO CENTRO: 16 e 20 de maio

Horario Secretaría: 9:00 - 14:00 Horas

1º Título Bacharelato

Enlace para o pago telemático

http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

Ver modelo

  • Premer en Modelo A1: Autoliquidación de taxas
  • Iniciar taxa
  • Premer en candado aberto, primeira opción
  • É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial

Fotocopia DNI
Fotocopia Título Familia Numerosa, de ser o caso

2º Matrícula ABAU

Acceso á aplicación NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta).

Permite realizar os trámites relacionados coa proba ABAU.

Premer no enlace para acceder ás instrucións de uso da aplicación. 

Instrucións NERTA alumnado 2024

O pago das taxas pode efectuarse:

  • A través da aplicación NERTA (non precisa xustificante)

Instrucións pago taxas ABAU NERTA 

  • A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago na secretaría do centro. 

Admisión Curso 2024/25: Publicadas as listaxes definitivas alumnado admitido e non admitido

Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Homenaxe a Luísa Villalta

Álbum: CURSO 2023/24 -> Homenaxe a Luísa Villalta

O 13 de maio tivemos na biblioteca do Isaac Díaz Pardo un acto de homenaxe á figura de Luísa Villalta, antiga profesora do noso centro. Ademais de presentar a guía didáctica feita por profesorado e alumnado, o acto contou coa presenza e as palabras de familiares da homenaxeada; de Benito Portela, alcalde do Concello de Sada, e membros da corporación municipal; de María Dolores Sanchez Palomino, académica de número da Real Academia Galega; e da nosa directora María Sol Doval. O acto rematou coa interpretación duns poemas de Luísa versionados polo músico local Paris Joel.

Letras Galegas 2024

Día 13: Acto institucional.
Día 15: Celebración do día das Letras Galegas no paraninfo da UDC.
Día 16: Emisión en directo da Cadena Ser desde o instituto.

Actividades complementarias de maio

- Día 2: Taller de educación afectiva e sexual. (2º ESO)

- Día 8: Participación na fase nacional das Olimpiadas de Teleco (1º Bach)

- Día 9: Visita á Escola de Camiños e ao CITEEC. (4º ESO)

- Días 9, 10: Actividade Reserva da Biosfera: Debuxando a natureza. (1º ESO)

- Día 10: Visita polo contorno para o observación da súa flora. (1º Bach)

- Día 10: Charla da escritora Esperanza Mariño. (1º Bacharelato)

- Día 10: Visita a Pontedeume. (3º ESO e 4º PDC)

- Día 13: Obradoiro de creación lírica. (1º ESO)

- Día 13: Acto institucional sobre Luísa Villalta.

- Día 15: Celebración do día das Letras Galegas no paraninfo da UDC.

- Día 16: Emisión en directo da Cadena Ser desde o instituto.

- Día 20: Concerto de París Joel. (4º ESO)

- Día 20: Rafting. (1º Bacharelato)

- Do 27 ao 31: Semana da ciencia.

- Día 28: Visita á fábrica de Bonilla. (1º Bacharelato)

- Día 30: Xornada de elaboración e degustación de crêpes. (2º ESO)

- Día 30: Surf. (1º ESO)

II Olimpíadas de Teleco

Éxito en Vigo do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato nas II Olimpíadas de Teleco, na modalidade equipos co seu proxecto LixoAndGo, que conseguiu o primeiro premio, quedando clasificado para representar a Galicia na fase nacional.
LixoAndGo é un punto limpo portátil e automatizado que permite facilitar ao usuario o depósito de residuos axudando a evitar a contaminación.

Admisión Curso 2024/25: Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut