Visita a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia

O 18 de marzo un grupo de 26 alumnos de 2º BAC visitaron a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia en Ourense.

Detalle da exposición

 

A exposición reúne obxectos e documentos do Reino de Galiza medieval que salientan a súa importancia no contexto internacional da época.

A mostra pretende fornecerlle ao público un paradigma renovado co que achegarse á nosa historia. Trátase dun modelo que xa desde o inicio nos revela unha Galicia consolidada como referente xeopolítico recoñecido en toda Europa e áreas limítrofes ao longo de toda a Idade Media.

Entre outras pezas, puidemos contemplar o primeiro documento escrito en galego (o foral do Bono Burgo de Caldelas), o caliz do Cebreiro ou A Mariscala (cadea coa que, segundo a tradición popular, foi axustizado o mariscal Pardo de Cela).