Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

II Olimpíadas Teleco

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da UVIGO vos anima a participar nas II Olimpíadas Teleco, as segundas que se celebran no ámbito nacional. Trátase dunha iniciativa colaborativa de todas as escolas de enxeñaría de telecomunicación de España e máis dos dous colexios profesionais: Colexio de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación, COITT, e a Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, AEGITT, que pretende visibilizar a potencialidade dos estudios de enxeñaría de Telecomunicación entre o estudantado máis novo, para espertar vocacións temperás.

Como o curso pasado, a competición vaise desenvolver en dúas fases: unha local, xestionada e coordinada pola EET da UVIGO, e outra nacional, na que competirán os mellores proxectos (gañadores) das competicións locais.

A EET está moi orgullosa do éxito que tivo a edición do curso pasado e animámosvos a participar, especialmente ás e aos docentes do ámbito de tecnoloxías. Non estaredes sós, axudarémosvos desde o noso centro na formación, facilitarémosvos os equipos necesarios (kit de placas) e asesoría individualizada durante a realización dos proxectos.

A continuación recollemos a información máis relevante, que podedes consultar ampliada na nosa web (www.teleco.uvigo.es ou ben escaneando o QR que tedes neste documento) na que tamén podedes consultar o ben que foi a primeira edición. Podedes expor as vosas dúbidas ou consultas no correo que creamos expresamente para esta iniciativa: teleco.olimpiadas@uvigo.es.

"V Concurso de Ensaio"

Convócase polo Departamento de Filosofía o V CONCURSO DE ENSAIO, nas modalidades de ARTIGO e VIÑETA, ambos co TEMA:

ESTAMOS MELLOR INFORMADOS NA ERA DIXITAL?

Óese falar de “sociedade da información”, é unha calificación veraz?, é máis un desexo que unha realidade?, unha expectativa que se está a cumprir?, podemos confiar na verdade do que vemos?, ou do que oímos que din?, relacionámonos mellor grazas ás redes sociais?, é a IA unha ferramenta de coñecemento?, ou é algo máis? Interrogantes como estes e outros moitos caben dentro dunha reflexión sobre a revolución dixital, internet, as redes sociais e os seus efectos sobre a sociedade e o ser humano.

BASES do V Premio de Ensaio:

    1. Poderase presentar alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti. 

    2. Artigo e texto da viñeta poderán estar escritos en lingua galega ou castelá. 

    3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos. O artigo asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado tamaño A4, no que figure modalidade (artigo ou viñeta), pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.

    4. O prazo de presentación será ata o día 22 de marzo de 2024. 

    5. O xurado estará formado por profesorado do Departamento de Filosofía e Debuxo e os editores da revista “Hechos mínimos”. 

    6. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademais da corrección formal (de artigo e viñeta). 

    7. Os premios consistirán no seguinte: 

1º premio: publicación de artigo e viñeta na revista cultural Hechos Mínimos de Lugo, diploma e cheque por valor de 50€ en cada modalidade. 

2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€ 

3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 20€ 

Cartaz

Horarios de grupo para o curso 23/24

O alumnado do IES Lucus Augusti pode descargar o seu horario de grupo na ligazón que se achega, dende as 23:00 h do domingo 10 de setembro.

Horarios

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).O prazo de presentación de solicitudes será dun mes;

Comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Libros de texto para o curso 2023/24

Na ligazón pódese consultar os libros de texto para o curso 2023/24 . Recordamos que non aparecen os libros das materias que están no programa Edixgal e teñen libro dixital.

Libros23_24

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2023/24

A matrícula no curso 2023/24 para o alumnado do IES Lucus Augusti e para o que está admitido neste centro, vai ser do 23 de xuño ó 7 de xullo e faise cubrindo o formulario por curso na ligazón que aparece nesta nova. Aquel alumnado que sexa admitido no IES Lucus Augusti despois do 7 de xullo terá un novo prazo que será publicado nesta páxina.

Formularios

Distribuir contido


by Dr. Radut