Saltar navegación.
Inicio

Eleccións consello escolar (curso 2022-23)

Segundo a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos haberá eleccións dos representantes dos distintos sectores da Comunidade Educativa no consello escolar.

No noso centro corresponde unha renovación parcial do consello escolar, debendo elixirse os seguintes representantes: 

  • 2 alumnos/as
  • 4 profesores/as
  • 1 membro da ANPA 
  • 1 representante do Concello

A designación dos/as representantes da ANPA e Concello corresponde a ditas entidades. Os/as representantes do alumnado e do profesorado serán elixidos mediante votación, entre os candidatos que se presenten en cada un dos sectores. 

O alumnado e profesorado que desexen formar parte do novo Consello Escolar deberán presentar a súa candidatura entre os días 11 a 17 de novembro de 2022 na secretaría do centro, cumprimentando o modelo correspondente. 

Os censos electorais están expostos no taboleiro do centro. Prazo de reclamacións contra os censos electorais do 10 ao 17 de novembro.  

As votacións para elección dos representates de alumnado e profesorado efectuaranse con data 29 de novembro, constituíndose o novo Consello Escolar o próximo 12 de decembro de 2022 en sesión extraordinaria. 

1. Calendario do procedemento 

2. Constitución da xunta electoral. Elección de membros

3. Modelo de presentación de candidatura para o profesorado

4. Modelo de presentación de candidatura para o alumnado