Saltar navegación.
Inicio

Plan de Pendentes 23-24: Información e datas

               A partir da próxima semana ponse en marcha o Plan de Pendentes. Este plan está pensando para facilitar ao alumnado a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores. Permite levar un seguimiento máis detallado de cada caso e actuar dunha maneira máis personalizada co alumnado 

O plan consiste na entrega de 12 tarefas, ao longo de todo o curso, e de ata dúas probas escritas

Datas de entrega das tarefas e forma de facelo:

As datas de entrega e recollida das tarefas son as que figuran no seguinte cadro

 

Entrega ao alumnado

Recollida da tarefa resolta

09/10/2023

16/10/2023

16/10/2023

23/10/2023

23/10/2023

30/10/2023

30/10/2023

06/11/2023

06/11/2023

13/112023

13/11/2023

20/11/2023

Nadal

22/01/2024

29/01/2024

29/01/2024

05/02/2024

05/02/2024

19/02/2024

Semana Santa

10º

08/04/2024

15/04/2024

11

15/04/2024

22/04/2024

12º 

22/04/2024

29/04/2024

 

As entregas das tarefas poden ser en papel ou no Classroom creado para a ocasión. O alumno debe consultar, ao docente que lle imparte a materia este curso, a maneira na que facer a entrega da materia ou materias que ten pendentes.

Datas das probas escritas:

As probas escritas terán lugar nas seguinte datas:

1ª Proba escrita: entre o 15 e o 19 de xaneiro.

2ª Proba escrita: entre o 2 e o 8 de maio.

Aqueles alumnos que non logren recuperar a materia, terán un proba adicional entre os días 9 e 13 de maio, no que entrará o contido de toda a materia.

Nota por avaliación e nota final:

No boletín de cada avaliación vai constar unha nota para cada materia pendente. Esa nota reflicte o traballo realizado polo alumno nese periodo, pero en ningún momento implica a recuperación dunha parte da materia.

A nota final da materia vai depender do número de probas escritas que se realicen, así como o peso destas con respecto ás tarefas, isto pode variar en cada materia. Débese consultar a programación de cada departamento. En calquera caso, nas probas escritas é necesario acadar máis dun 3.25, para que se teñan en conta á hora de facer a media.