Saltar navegación.
Inicio

Novos traballos de Tales no Camballón Films

Por volta da primavera, chegan os novos traballos de Tales no Camballón Films. Os resultados seguen a ser moi bos e fan que esteamos moi orgullosos do noso centro. 

En 1º BAC foron varias as producións deste trimestre:

- A forma do tempo. Matemáticas e calendario. Ligazón

- Maxia e matemáticas, da man. Ligazón

- A xeometría dos agroglifos. Ligazón

- Que son as fraccións continuas? Ligazón

- Palindromizando números. Ligazón

- A ecuación do amor. Ligazón

- Os soldados no deserto. Ligazón

En 1º ESO, presentamos un vídeo sobre que é o sistema de numeración binario, a súa equivalencia co sistema decimal e como construír unha calculadora de conversión binario-decimal. Ligazón

Tamén en 1º ESO investigamos sobre as regras de Napier, un procedemento de asistencia para a realización de multiplicacións anterior á existencia da calculadora tal e como hoxe a coñecemos. Ligazón

En 4º ESO concluímos o proxecto A volta ás mates en 80 días, iniciado no trimestre anterior. Neste proxecto quixemos facer unha viaxe arredor do mundo seguindo os pasos de Phileas Fogg n'A volta ao mundo en 80 días, coa ollada posta nas matemáticas particulares dos distintos lugares que se visitaron. Ligazón