Skip to Content

MATEMÁTICAS NA RAIA

O equipo de 3ºA do IES María Casares resultou gañador da fase rexional do concurso matemático “Matemáticas na raia”. Esta actividade é un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). 

 O equipo de 3ºA do IES María Casares foi o que obtivo maior puntuación na fase rexional do concurso, na que participaban grupos de 3º da ESO dos centros de toda Galicia. 

 Matemáticas na raia é un concurso moi singular, tanto pola natureza dos problemas plantexados, de carácter lúdico e moi creativo, como pola forma de desenvolverse. Neste concurso participan grupos de clase completos, faise en equipo e nel é vital a aportación de todos e a capacidade que teñan de traballar conxuntamente e desenvolverse como equipo.

Parabéns para o alumnado e para o profesorado implicado pola súa colaboración.


 



page | by Dr. Radut