Skip to Content

OLEIRESAS E OLEIRESES POLO MUNDO

Nesta semana o alumnado de 2º de Bacharelato do IES María Casares cambiou o seu hábitat natural, é dicir, o instituto e, como recompensa tras finalizar a 1ª avaliación, colleron a maleta dispostos a viaxar, a divertirse e tamén a continuar aprendendo.

Un grupo viaxou a Madrid para asistir a unha representación teatral, deleitarse cun musical, visitar a Residencia de Estudiantes, coñecer Alcalá de Henares… e facer algunhas compras.

Outro grupo encamiñouse cara a Suíza, en concreto a Xenebra para, entre outras actividades visitar as instalacións do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), que é o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo, onde probablemente acaben traballando…

REPORTAXE GRÁFICA

Aquí os temos posando para as fotógrafas e traballando duramente no CERN

 

 

TORNEO INTERNACIONAL DE JUDO "VILLA DE AVILÉS"

Esta fin de semana estase a celebrar o Torneo Internacional de Judo "Villa de Avilés", no que participan 12 deportistas do Concello de Oleiros, entre eles numerosos alumnos do noso centro. Desexámoslle éxito a todos e, moi especialmente, ao noso alumnado.

VISITA AO MUNCYT

O martes 23 de outubro, os alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), na Coruña. Participaron en diferentes talleres de electricidade e electrónica e montaron diversos circuítos, entre outros dunha radio, que funcionou perfectamente e na que foron capaces de sintonizar diferentes emisoras. Tamén visitaron a sala de robots, o Jumbo e a sala de grandes inventos, onde puideron ver desde un acelerador de partículas ata unha enorme “computadora” dos anos 40. Un verdadeiro paseo polo mundo da tecnoloxía que foi do agrado de todos.

MUNCYT1

Visita á Casa do Queixo

O pasado luns, 15 de outubro, os máis novos do centro compartiron xogos, actividades e bocadillo na granxa-escola Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes; unha excelente maneira de coñecerse mellor e de desfrutar do comezo do outono.

 

Curso 2018-19

Listados de libros de texto para o curso 2018/19

Nos seguintes enlaces pódese consultar a relación dos libros de texto para o curso 2018/19

 

Fondo solidatio de libros de texto

Nos seguintes enlaces pódese acceder á información relativa ao fondo solidario de libros de texto.

 

Entrevista en Radiovoz ao alumno de 2º BAC A Miguel Plaza López

O periodista Pablo Portabales entrevistou no seu programa de radio a algúns dos alumnos e alumnas con mellores expedientes académicos da comarca. Entre eles estaba Miguel Plaza López, alumno do María Casares.

Neste enlace podedes acceder á entrevista.

¡Noraboa a Miguel e todo o alumnado que superou as probas ABAU!

Distribuir contido


by Dr. Radut