Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

XORNADA COAS FAMILIAS - 27 DE SETEMBRO

O día 27 de setembro terá lugar a xornada coas familias no seguinte horario:

 

Pregamos a asistencia dunha soa persoa por familia.

 

Equipo Directivo

ACTUALIZACIÓN CIUG

Dadas as numerosas consultas recibidas, a CIUG actualiza este texto na páxina web:

"Na ABAU de 2024, os currículos estarán determinados, salvo instrución noutro sentido, pola Lei de Educación 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación (LOMLOE), así como polo Real Decreto 423/2022, de 5 de abril, polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas de bacharelato e o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 26 de setembro de 2022).

 

Na actualidade estamos a recibir numerosas consultas sobre o formato das probas e as materias que entrarán nas probas de 2024 que non podemos resolver. Continuamos á espera de que o Ministerio publique o Real Decreto que permita resolver esas dúbidas. Manteremos informados aos centros, estudantes e familias das novidades que teñamos, e lembramos que os pasos son Ministerio, Xunta de Galicia e Universidades."

 

-- 
Un saúdo
Comisión Interuniversitaria de Galicia

DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN CURSO 2023/2024

Os días de libre disposición escollidos polo centro para o curso 2023/2024 son:

  • 13 de outubro de 2023
  • 16 de maio de 2024

 Día do Ensino: 7 de decembro de 2023

Reparto de libros de texto de 2º e 4 º ESO

Reparto de libros de texto de 2º e 4 º ESO

 

O reparto do libros de 2º e 4º de ESO correspondentes ao alumnado que lle foron asignados nas axudas de Fondo Libros da Xunta de Galicia realizarase : 

 

- O xoves 7  de setembro entre as 16:00 horas e as 17:30 horas na biblioteca do centro educativo. 

 

O Equipo directivo 

PRESENTACIÓNS CURSO 2023/2024

Horarios en documento adxunto.

  • O alumnado da ESO e BACHARELATO despois da presentación cos titores e coas titoras terá aulas en horario habitual, ata as 14.10h.
  • O alumnado de CCFF terá tamén aulas no horario establecido para as tardes do luns, de 16.10 a 18.40h.

 

Equipo Directivo

Reparto de libros de texto de 1º-3º ESO

Reparto de libros de texto de 1º-3º ESO

 

O reparto do libros de 1º-3º de ESO correspondentes ao alumnado que lle foron asignados nas axudas de Fondo Libros da Xunta de Galicia realizarase : 

 

- O luns 4 de setembro entre as 11 horas e as 13 horas na biblioteca do centro educativo. 

 

O Equipo directivo 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer