Dadas as numerosas consultas recibidas, a CIUG actualiza este texto na páxina web:
"Na ABAU de 2024, os currículos estarán determinados, salvo instrución noutro sentido, pola Lei de Educación 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación (LOMLOE), así como polo Real Decreto 423/2022, de 5 de abril, polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas de bacharelato e o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 26 de setembro de 2022).
Na actualidade estamos a recibir numerosas consultas sobre o formato das probas e as materias que entrarán nas probas de 2024 que non podemos resolver. Continuamos á espera de que o Ministerio publique o Real Decreto que permita resolver esas dúbidas. Manteremos informados aos centros, estudantes e familias das novidades que teñamos, e lembramos que os pasos son Ministerio, Xunta de Galicia e Universidades."
-- Un saúdo Comisión Interuniversitaria de Galicia
Os días de libre disposición escollidos polo centro para o curso 2023/2024 son:
Día do Ensino: 7 de decembro de 2023
Reparto de libros de texto de 2º e 4 º ESO
O reparto do libros de 2º e 4º de ESO correspondentes ao alumnado que lle foron asignados nas axudas de Fondo Libros da Xunta de Galicia realizarase :
- O xoves 7 de setembro entre as 16:00 horas e as 17:30 horas na biblioteca do centro educativo.
O Equipo directivo
Horarios en documento adxunto.
Equipo Directivo
Reparto de libros de texto de 1º-3º ESO
O reparto do libros de 1º-3º de ESO correspondentes ao alumnado que lle foron asignados nas axudas de Fondo Libros da Xunta de Galicia realizarase :
- O luns 4 de setembro entre as 11 horas e as 13 horas na biblioteca do centro educativo.
O Equipo directivo
Durante o mes de agosto o centro permanecerá aberto de 10h a 13h.
Equipo Directivo.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer