Punto Laranxa contra o acoso escolar

Educación Física

VOLTA CICLISTA CIDADE DA CORUÑA

O pasado luns tivo lugar a nosa particular "Volta Ciclista" á cidade da Coruña. Desde o Departamento de EF organizouse esta xornada na que participou alumnado de 2.° da ESO, percorrendo o paseo marítimo desde o centro ata o Millenium, Torre de Hércules, Torre de Control, Castelo de San Antón e Praza de María Pita.
Agradecementos á: @pcivilcoruna @vmp_coruna Policía Local da Coruña, profesorado acompañante [Isa, Tono, Belén, Iria, José] e, como non, a Manuel, Fran e Flavio, profes de Educación Física!
 

SEMANA VERDE

Hai unhas semanas o alumnado de 1.° BAC tivo a oportunidade de participar na primeira edición da 'Semana Verde', organizada polo Departamento de Educación Física. Asturias foi o destino para realizar unha chea de actividades: sendeirismo a cabalo e en bici pola Senda do Oso, o Roteiro do Río Cares, paintball, descenso do Sella...E mesmo visita ás Covas do Rei Cintolo. Esforzo, superación, compañeirismo e natureza foron os protagonistas desta fantástica experiencia.

Ligazón vídeo

IMOS EN BICI!

 

 

O alumnado de 1.° da ESO pon en práctica o aprendido nas súas clases de Educación Física e adestra para a súa particular 'Volta á Coruña".

SORTEO DUN PATÍN ELÉCTRICO

Como parte do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, iníciase a participación no sorteo dun patinete eléctrico entre o alumnado.
Por cada día, tanto pola mañá como pola tarde, que se asista ao centro educativo nun vehículo non contaminante (como pode ser bicicleta, patinete, monopatín, patíns, etc.) farase entrega no segundo recreo dun boleto para participar nese sorteo a final de curso.
Están habilitados aparcadoiros para gardar estes vehículos: un no pavillón, para gardar a bicicleta, e outro na planta baixa, para monopatíns, patinetes, etc.).
A finais do curso actual sortearase este vehículo de mobilidade persoal, anímate a participar!

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE

Un grupo de profesorado dos departamentos de Educación Física, Física e Química, Música e Comercio e Márketing está a participar este curso nun proxecto de "Mobilidade sostible", coordinado polo profesor de ciclos formativos José Fernández. As principais liñas de actuación dentro do proxecto son:
✅ Proposta de intervención urbanística
✅ Recuperación de espazos
✅ Intervención e cambio nos hábitos de desprazamento do alumnado
✅ Estudo do impacto medioambiental do abuso dos vehículos de combustión
interna e os seus efectos sobre la saúde pública
Toda a información está dispoñible en:
⚠️Nas últimas semanas xa se puxeron en marcha algunhas actuacións. Permanecede atentos e atentas que de seguido vos contamos máis cousiñas ⚠️

VIAXE Á NEVE - JACA 2023

A nosa expedición a Jaca xa está de volta despois de 5 días intensos de convivencia, esforzo, traballo en equipo e aprendizaxes que nos acompañarán sempre. Voltamos cansos, pero moi satisfeitos e satisfeitas por todo o compartido e aprendido!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer