Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comercio e Marketing

VISITA A MALASA

O 16 de decembro o alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e de Transporte e Loxística tiveron a oportunidade de visitar e coñecer as instalacións de @grupomalasa Unha ocasión para ver de primeira man o funcionamento desta gran empresa, que colabora tamén formando a alumnado do centro dentro do programa de FP Dual.

NETINVET 2022

Os días 17 e 18 de novembro, Helena Maseda, coordinadora de programas eurooeos, asistiu á reunión anual de NETINVET na cidade alemaña de Stuttgart.
A visita a NETINVET, que é unha Rede europea para a mobilidade de alumnado e profesorado no comercio internacional, o transporte e a loxística, e o mantemento de vehículos industriais, permitiu contactar con outros centros para organizar as futuras visitas de intercambio educativo dentro do ciclo ERASMUS 2021-2027.
Centros de Francia, Alemaña, Holanda, Italia, Finlandia, Portugal e España participaron neste foro de intercambio de experiencias e coñecementos.

SAÍDA A MARINEDA CITY

O alumnado de 2.º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (ordinario e dual) desprazouse a Marineda City para realizar unha das prácticas do módulo de Escaparatismo e Deseño de Espazos Comerciais, analizando o merchandising exterior e interior dos establecementos comerciais. Acompañáronos as súas profesoras, Sol Seoane e Isabel Suárez.

 

 

ESCAPARATE TENDA DE DEPORTIVAS

Noelia, Raúl, Gabriel, Eliseo e Pablo, de 2.° de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (dual) preséntannos o seu escaparate realizado no módulo de Escaparatismo, coa profesora Sol Seoane. Primeiro escaparate do curso para unha tenda de calzado deportivo no que se empregan materiais reconvertidos para outros usos: esas mamparas "anticovid" que tivemos que instalar hai dous cursos e que serven para dar vida e facer flotar as deportivas.

EXPORPYMES

O alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e de Transporte e Loxística asistiu hoxe á edición 2022 de Exporpymes, organizada por @camaracoruna en Palexco. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a experiencia internacional de mulleres emprendedoras, as súas dificultades, retos e logros en tempos difíciles.

 

ESCAPARATE DE VERÁN

 

Aínda que estes días o tempo nos ten un pouco despistados, 1.° de ciclo medio de Actividades Comerciais preparou este escaparate para recibir o verán.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer