Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comercio e Marketing

ESCAPARATE DUNHA ZAPATERÍA

Menos é máis. Este é o principio que o alumnado de escaparatismo de segundo curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais quixo poñer en valor con esta proposta de escaparate para unha zapatería. Nel, os produtos comparten protagonismo cunha estrutura en aceiro de liñas curvas, que os envolve semellando o caprichoso movemento do aire.

ESCAPARATE DE NADAL

Despedimos este 2021 cun novo escaparate de Nadal, realizado polo alumnado de 2° curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e a súa profesora Sol Seoane.
Un fermoso escaparate dunha librería que, sen dúbida, nos convida a ler e viaxar a través dos libros, e sen saír da casa.
Este escaparate tan especial participa no concurso de escaparates #NavidadRETIF2021 polo que precisamos da vosa colaboración!!
Debes entrar na seguinte ligazón, votalo para o concurso introducindo datos e validar o email de confirmación.
https://pr.easypromosapp.com/voteme/931212/640747119?lc=spa

 

 

 

SORTEO DUNHA BICI!

 

Ademais do "Quiosco", nos últimos días esta bicicleta preside a vitrina da entrada do instituto. A pregunta é...Por que temos unja bicicleta decorada de Nadal no instituto?
Esta bicicleta é a recompensa que podes ter a final de curso por asistir a clase en VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Como tes que facer?
1. Vir ao centro nun VMP (bicicleta, monopatín, patíns, patinetr, etc.).
2. Achegarte nos 10 primeiros minutos do recreo ao Quiosco.
3. Cubrir o teu boleto para participar no sorteo. Cantos máis boletos cubras, máis posibilidades tes! Podes cubrir un por cada día que veñas nun VMP.
Lembra! Todos os días nos 10 primeiros minutos de recreo.
 

APARCADOIRO VMP

Outra das actuacións é este aparcadoiro VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Aquelas persoas que veñan ao centro en patinete eléctrico poden aparcalo ao fondo do corredor de Vicedirección-Secretaría. Ademais, existen enchufes para quen precise cargar o seu patinete.

VER BLOG ECOZALETA

APARCADOIRO BICIS

Unha das primeiras actuacións dentro do proxecto de "Mobilidade Sostible" foi acondicionar o pavillón para que quen queira poida vir ao centro en bicicleta e deixala ben "aparcada" . Se tes interese usar este aparcadoiro, fáinolo saber e explicarémosche como acceder.

VER BLOG ECOZALAETA

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE

 

Un grupo de profesorado dos departamentos de Educación Física, Física e Química, e Comercio e Márketing está a participar este curso nun proxecto de "Mobilidade sostible". As principais liñas de actuación dentro do proxecto son:
✅ Proposta de intervención urbanística
✅ Recuperación de espazos
✅ Intervención e cambio nos hábitos de desprazamento do alumnado
✅ Estudo do impacto medioambiental do abuso dos vehículos de combustión
interna e os seus efectos sobre la saúde pública
Toda a información está dispoñible en:
⚠️Nas últimas semanas xa se puxeron en marcha algunhas actuacións. Permanecede atentos e atentas que de seguido vos contamos máis cousiñas ⚠️

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer