Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

GALICIENCIA

Por primeira vez o IES Menéndez Pidal- Zalaeta participou na Galiciencia.

O proxecto MapaMetroMinuto de Daniel Novoa e Anxo Blanco de 3º de ESO é un dos 50 proxectos de Secundaria que se presentaron no evento. Participamos na Programa da RTVG Efervesciencia (pódese escoitar o podcast aquí) coa explicación do noso proxecto.

Aprendimos moito dos outros proxectos. Estivemos aloxados en Allariz, Disfrutamos das Termas de Outariz. Visitamos a cidade de Ourense e coñecimos a moita xente con iniciativa.

Alumnado de 4º de ESO participou no concurso de fotografía de Habitos Saudables e nos foi concedida unha visita como centro para o 9 de maio. Participaron na visita as alumnas alemanas de intercambio acompañando a parte do alumnado do Club de Ciencia e Tecnoloxía, Viaxe en bus, espectáculo de ciencia, taller Mundos dixitais, visita aos proxectos expostos en Tecnópole, comida e baño nas Termas de Outariz foron a xornada. Acompañados por Ramón Pasandín e Fran Soto.

 

 
Máis información sobre as actividades na web do Club de Ciencia e Tecnoloxía na ligazón 

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2019

Un ano mais participamos desde o IES Menéndez Pidal no Día do Ciencia na Rúa, con actividades de Bioloxía, Educación Plástica e Tecnoloxía.

Os temas tratados foron:

  • Os sentidos, coñecelos e empregalos. Obxectos táctiles impresos en 3D, recoñecer audios, arteglifos, sabores...
  • Isabel Zendan e a expedición da variola.
  • As vacinas e as enfermedades.

A experiencia unha vez mais foi moi positiva, esperando xa para o vindeiro ano.

Participaron alumn@s de 2º, 3º e 4º de ESo e 1º de Bac , Coordinaron as actividades os docentes Paz Freire, Almudena Jiménez, Carlos Lorenzo, Patxi Jaureguizar, Ramón Pasandín, Josefa Castro, J Carlos Arean e Tono Frade. 
O noso alumnado presentou as súas actividades na reportaxe da RTVG   
Máis información na web do club Zalatecno na ligazón   

GALA DADO

O martes 30 de abril os nosos alumnos de 1º da ESO asistiron a Gala Dado onde se entregan os premios aos mellores microrrelatos e booktrailers realizados nos institutos públicos coruñeses. Zalaeta dirixiu e amenizou a gala cos bailes preparados en E.F. na segunda avaliación e co preparado na actividade de baila da ANPA. Foi unha xornada moi divertida". Organizou todo Lingua castelá e Biblioteca.

Máis información no Video Gala Dado

Biblioteca 2.0

 

Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia

Os alumnos do noso instituto inauguraron cunha peza xaponesa o Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia. A xornada organízouna un grupo de docentes entusiastas, pertencentes á Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia, ASOMUSICA. No encontro participaron 15 centros públicos de toda Galicia. 

Enlace crtvg

RAFTING

Esta semana alumnos de 3º, 4º da ESO e de 1º de BAC, participaron na actividade de Rafting. 

PARÍS 2018-2019

Os alumnos do noso centro realizaron unha viaxe a París do 30 de marzo ao 3 de abril. Subiron a Torre Eiffel, paseo polo Sena,...

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer