Novas de interese

Confirmación de inicio de curso

Bo día. O profesorado e a ANPA do IES Mestre Landín seguimos colaborando para organizar o inicio do curso coa máxima seguridade posible. O alumnado estará sempre sentado a 1,5 m unha vez recibida a confirmación dos desdobramentos precisos e o acondicionamento das aulas.  As materias de libre configuración serán empregadas como reforzo de matemáticas en 1º e 2º da ESO para evitar os agrupamentos de alumnado de diferentes grupos. As solicitudes de participación nas seccións bilingües tamén veranse afectadas polo mesmo motivo.

Comezaremos o día 23 con 1º e 2º da ESO, 24 para 3º e 25 para 4º, aplicando o plan de acollida que reforzará as medidas de hixiene e as normas de organización no centro.  En especial reforzarase a necesidade de manter as distancias de 1,5 m, a hixiene de mans, uso correcto da máscara. Explicarase o emprego da aula virtual da consellería que será a ferramenta de traballo principal en caso de docencia telemática. 

O primeiro día o alumnado levará a casa a declacración responsable que devolverá asinada en conserxería antes do día 29 de setembro.A partir do luns 21 as persoas titoras poñenarnse en contacto telefónico cos responsables do alumnado para confirmar o grupo, transporte, optativas e recoller as dúbidas que poidades ter. Podedes consultar neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus a guía de volta segura que axuda a repasar as principais novidades.

A Xefatura de Pontevedra e a empresa de transporte están recollendo as nosas peticións para poder atender as demandas de transporte a través do programa de Tarxeta Xove do alumnado non lexítimo. Esperamos ter confirmación antes do inicio de curso.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración neste esforzo conxunto para a adaptación neste curso 20/21 que de seguro nos traerá novas e positivas aprendizaxes.

 

Fondo libros

Bo día. O alumnado que formalizou a matrícula en setembro pode consultar na secretaría do centro a listaxe definitiva das axudas.

Anuncio novidades COVID-19.

IMPORTANTE:

Un novo curso dá comezo e, desde o Instituto Mestre Landín, queremos darvos a benvida. Recibimos a confirmación que este ano o curso comezará o día 23 para 1º ESO é 2 ESO, 24 para 3º ESO e 25 para 4º da ESO.  Próximamente nos poñeremos en contacto coas familias para informar do grupo no que está asignado ben por teléfono ou ABALAR móbil polo que é importante ter actualizada a aplicación. Achegamos o enlace ao resumo das novidades no funcionamento do centro respecto ao COVID-19.

Accede dende aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=node/879

 

Calendario de exames de setembro

1-2 Setembro probas extraordinarias presenciais

4 Setembro Publicación das cualificacións da proba extraordinaria no ABALAR móbil.

4 Setembro ao 10 formalización da matrícula.

7 e 9 de Setembro periodo de reclamacións.

 

Fondo solidario e libros de texto e axudas para adquirir de texto e materia escolar.

Poden consultar no taboleiro de anuncios do centro  a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 20/21" do alumnado 1º a 4 ESO. Publicadas tamén a listaxe de libros de texto concedidos do alumnado de 3º e 4º ESO.

Entrega de equipamento E-DIXGAL

Bo día. Achegamos a notificación por parte da consellería coas instrucións para a devolución dos ordenadores do alumnado de 2º ESO (ou 1º ESO que non continúe no centro). 

Importante: é preciso que acuda o responsable para asinar a entrega no documento.

Agradecemos  que devolvades o ordenador, cargador e maletín (os lápis xa están no centro) nos seguintes horarios:

2ºESO A: 23 de xuño de 10 a 12

2ºESO B: 25 de xuño de 10 a 12

2ºESO C: 26 de xuño de 10 a 12.

 

Se teñen algunha dúbida poden contactar telefónicamente co centro.

Un saúdo

 

Fondo libros

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)

Prazo de solicitude:  Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

Solicitude: 

-  Fondo solidario libros

-  Axudas adquirir libros

-  Axudas adquirir material

 

Forma de presentación:

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identicación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

-  Anexo I (Solicitude)

-  Anexo II ( comprobación de datos dos membros da unidade familiar)

-  Copia do libro de familia ou documento equivalente

-  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademáis a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Renda:

-    A renda per cápita da unidade familiar e a suma dos recadros 435 e 460 da renda do ano 2018.

 

Prazos establecidos polo centro:

Devolución de libros: Do 19 ao 23 de xuño.

Publicación listas provisionales: 24 de xuño

Reclamacións: 2 días hábiles seguintes 25-26 de xuño

Resultado reclamacións: 29 de xuño

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Xa están publicadas as modificacións das programacións didácticas de todas as materias (pendentes de revisión pola inspección). Especifícanse os cambios na avaliación e na metodoloxía debido á pandemia do COVID-19. Pódense consultar dende aquí:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=taxonomy/term/263

 

Recomendacións para realización das actividades

Ten que ter en conta o seguinte para poder realizalas:

- É recomendable ter acceso a internet para realizar as tarefas, pero non imprescindible. Se por este motivo non pode realizar algunha tarefa, pode comunicarse co profesorado a través do correo electrónico para solicitar unha alternativa. En todo caso , as actividades buscan facilitar a rutina pero sen que provoquen estrés nin preocupación, dado que non son avaliables.

- As actividades non son avaliables, pero si moi importantes para que poidan recuperar o ritmo da materia cando se retomen as clases. Deben intentar manter o horario diario de clases para continuar coa rutina de actividades.

- Se queren contactar co centro é recomendable enviar un correo a iesmestrelandin@iesml.es dende a súa conta de correo iesml.es ou ao correo corporativo ies.mestre.landin@edu.xunta.es se empregan unha conta de gmail, yahoo, etc.  Importante: os correos electrónicos enviados desde a conta de iesml.es só chegan e se reciben desde outras contas iesml.es.

- Deben comprobar nas aulas virtuais que indica o profesorado, EDIXGAL, Classroom, blogs,  se hai máis recursos, materiais, actividades ou a forma de entregar as tarefas.

- Todo o alumnado e profesorado do centro conta cunha conta de correo electrónico de google pero é preciso que escriban o usuario seguido de @iesml.es. Esta conta permite enviar correos aos docentes, acceder ao google classroom e google Drive, pero non para recibir ou enviar a contas fora do @iesml.es. De non funcionar a contrasinal poden enviar un correo a ies.mestre.landin@edu.xunta.es ou a través do tlf 886151315 e poríamos en contacto con vostedes para solucionalo.
Por outra banda, o alumnado de 1º e 2º ESO ten a conta de EDIXGAL que comeza por "eda*****" e un contrasinal para acceder aos libros de texto e actividades en eva.xunta.es. Se non dispoñen deste contrasinal ou non funciona poden enviar un correo ao docente para que renove o contrasinal.

 

 

Accedendo neste enlace o alumnado pode acceder ás actividades do plan de traballo previas

 

 

Información Importante Coronavirus

COVID-19

Seguindo ás instruccións recibidas paraa atención do alumnado (http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus), publicaráse na páxina web do centro o luns 16 de marzo ás 8:30 horas o plan de traballo a realizar polo alumnado en cada unha das materias que cursan. A titoración e atención das tarefas do alumnado realizarase de forma telemática, empregando EDIXGAL, Google Classroom, correo electrónico iesml.es ou no teléfono do centro.  O luns 23 de marzo ás 8:30 publicarase na páxina web do centro un novo plan de traballo para esa semana. Atención ao público: o centro priorizará a atención ao público a través do teléfono 886151315 e o correo corporativo ies.mestre.landin@edu.xunta.es, sendo a modalidade presencial reservada só a situacións debidamente xusticadas previa cita.

 

Comunicado

Estimadas familias:
O presidente da Xunta de Galicia acaba de anunciar que a partir do luns, 16 de marzo os centros educativos suspenden todas as actividades lectivas e complementarias  durante catorce días; e maña a asistencia do alumnado é voluntaria.
En canto dispoñamos de máis información a notificaremos a través desta canle.
Esta previsto que maña se publique o decreto de medidas no DOG.
Un saúdo

Xornadas de formación en mediación

O noso centro leva varios anos buscando novos enfoques para a resolución de conflitos entre o alumnado. Ante este tipo de situacións conflitivas, foron desenvolvéndose modelos de intervención nos que son as propias partes implicadas as que atopan e acordan a solución, “a súa solución” ao problema, xerando non só uns bos resultados con respecto á resolución dos conflitos, senón tamén con respecto á prevención de futuros problemas, polo que a mellora da convivencia no centro é notoria.

A decisión de implantar esta ferramenta nos primeiros cursos de secundaria, onde comezan a aparecer os primeiros conflitos, respondeu á necesidade de anticiparse á mesma dotando ao alumnado dunha serie de coñecementos, habilidades e competencias necesarias para encarar o conflito de forma pacífica e cooperativa.

Para facilitar a adquisición de esta nova ferramenta de resolución de conflitos, como é a mediación, resultou moi recomendable realizar unha primeira etapa de formación en habilidades previas á mediación escolar. Esta está centrada no adestramento de Competencias Sociais e Resolución de Conflitos para dotar a todo o alumnado de 2º da ESO das habilidades necesarias para a convivencia e a solución pacífica de conflitos e máis especificamente para o desenvolvemento do seu rol como Mediadores/as Escolares (aqueles seleccionados para a súa formación específica).

Esta semana retomamos as sesións de formación con diferentes actividades, financiadas cunha dotación do Contrato-Programa da Consellería de Educación. Esta formación inclúe temas como a asertividade e a intelixencia emocional. Destaca a importancia dos factores cognitivos (crenzas, valores, formas de percibir e avaliar a realidade), emocionais e a súa importante influencia na comunicación, as relacións interpersoais e a resolución de conflitos.

Así, preparando ao alumnado neste tipo de habilidades, fomentarase un axeitado funcionamento psicolóxico, académico, social e emocional, o que facilitará o enfrontamento e resolución de conflitos de forma axeitada, pacífica e dialogada. Todo isto redundará, sen lugar a dúbidas, nun clima máis positivo e na mellora da convivencia no centro e na súa próxima vida adulta.

25 N (máis cousiñas)

Xa temos o planing das actividades que imos a desenvolver o próximo luns 25 de Novembro e que son abertas tamén para as Familias.

Actividade Musical 1ª: dende as 10:30 ata o recreo os alumnos de 2ºA, 2ºB e 4º deleitaranos cun concerto na biblioteca do centro.

Actividade Musical 2ª: a partir do recreo e na seguinte hora que comeza as 11:20 os alumnos de 2ºC e 3º serán eles os que poñan a nota musical tamén na Biblioteca do centro.

Agardámoste!!!

25 N (Día Intelrnacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

O vindeiro luns 25 de Novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende o Mestre Landín queremos conmemorar este día cunha serie de actos e actividades que se irán publicando. Estade atentos!!!

Inicio de curso

Comezamos o novo curso académico 2019/20

Luns 16 as 8:30 en horario ordinario.

Rutas de transporte operarán dende o primeiro día

Benvidos

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Mañá

Entrada

08:30

08:30

08:30

08:30

08:30

Saída

13:50

15:00

15:00

13:50

13:50

 

 

 

 

 

 

 

 

Calendario exames de setembro 2019

 

EXAMES DE SETEMBRO CURSO 18/19

 

2 de setembro de 2019

 

Hora

Materias

8:30

Lingua Castelá e Literatura / Teatro

9:30

Xeografía e Historia

10:30

Educación Física / EPVA/Videocreación

11:30

Francés / Latín

12:30

Matemáticas/Economía

13:30

Música / Cultura clásica / IAEE

Valores Éticos / Relixión Católica /Relixión Evanxélica

 

 

 

3 de setembro de 2019

 

Hora

Materias

8:30

Tecnoloxía /TIC/Programación/Investigación

9:30

Bioloxía e Xeoloxía

10:30

Lingua Galega e Literatura

11:30

Inglés

12:30

Física e Química

 

Observacións:

 

·      Na hora sinalada faranse tanto os exames das materias pendentes como os exames da convocatoria de setembro.

 

·      Os/as alumnos/as aos que lles coincida na mesma hora máis dun exame, ou requiran unha atención polas súas necesidades,  poderán dispoñer de tempo adicional para a súa realización.

 

Fondo solidario de libros e axuda material

 

Estimadas familias:

 

En virtude da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2019/20, informámoslles do seguinte:

 

-Deberán presentar a solicitude (ANEXO I) debidamente cumprimentada e asinada por un responsable do alumno/a como data límite o 21 de xuño de 2019.

 

-Para poder ser beneficiario de calquera das axudas mencionadas na orde deberán entregar os libros do curso 2018/19 na secretaría, a medida que remate o seu uso na aula e, como data límite, o 20 de xuño de 2019.

 

EDUCAR EN IGUALDADE:

Probas de avaliación final de 4 ESO

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

Máis información aquí

   

Aberto prazo de Reserva

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

 
 
 

Comeza a Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

CEIP do Carballal

CEIP da Laxe

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 15 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Eleccións consello escolar 2018

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Instituto.

ver a circutlar

 

Modelo de candidatura responsables

Modelo de candidatura profesores

Modelo de candidatura alumnado

Achégase a relación de candidaturas aprobadas pola Xunta electoral

Alumnado e responsables

Profesorado

Distribuir contido