Novas de interese

Magosto 23/24

Concurso horto escolar

concurso horto escolar

Ánimate a participar no concurso máis verde!

Hora de ler

Mediación no ML

Máis información facendo clic na imaxe

Fondo libros

Oferta Educativa do centro

Importance of Books in Our Life: Role of Books in Our Life I Leverage Edu

OFERTA EDUCATIVA

Beas NEAE

Escola de Familia

Bo día::

O pasado martes 15 de novembro celebramos no CEIP do Carballal a primeira sesión da Escola de familias que estamos a organizar conxuntamente entre primaria e secundaria, a cargo de Verónica Lodeiro Romero e Patricia Fuentes Conde, psicólogas da asociaión "Rexurdir" de Marín. O obxectivo destas sesións é aprender a desenvolver ferramentas para manexar as nosas emocións e mellorar a comunicación dentro do ámbito familiar, especialmente coas nosas fillas e fillos. Durante a segunda sesión de mañá traballaremos en habilidades sociais, facendo especial fincapé na empatía. Animádevos a participar.

Escola de Familia

INICIO DAS CLASES CURSO 2022/23

As clases comezarán o vindeiro venres día 9 de setembro de 2022 por

mor de que o día 8 de setembro é festividade local no concello de

Marín.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23

Todas as materias de todos os cursos optaron para o vindeiro curso

2022/23 pola utilización da modalidade de libro dixital a través do

proxecto EDIXGAL, polo que durante o curso 2022/23 NON se utilizará

libro en papel en ningunha das materias.

VALES MATERIAL

Os vales para axuda de material estarán á disposición das familias do

alumnado beneficiario a partir do xoves día 1 de setembro de 2022 na

secretaría do centro.

Prematrícula 1º ESO

 

O alumnado que se incorpora o vindeiro curso ten que cubrir o papel de prematrícula para elixir as optativas. Poden descargalo e envialo ao correo ies.mestre.landin@edu.xunta.gal ou entregalo en conserxería. Precisamos esta información o antes posible e o máis tardar o xoves dia 9 de xuño.

A oferta educativa do noso centro (materias e número de horas semanais por curso)  está colgada na web.
A formalización da matrícula para 1º ESO farase posteriormente na semana do 4 ao 8 de xullo.

Datas avaliacións e notas

 

DATAS DE AVALIACIÓNS E NOTAS

 

En aplicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, recordamos que este curso existe unha 3ª avaliación e boletín de notas, ademais da final e ordinaria.

 

 

 

DATAS DA 3ª AVALIACIÓN: 6 e 7 de xuño

 

ENTREGA BOLETÍN DE NOTAS DA 3º AVALIACIÓN: 8 de xuño ás 14:10 h.

 

DATAS DE AVALIACIÓNS FINAIS: 23 de xuño

 

ENTREGA DE NOTAS FINAIS: 27 de xuño ás 11:00 h.

 

DATAS DE RECLAMACIÓNS NO CENTRO: 28 e 29 de xuño.

 

 

 

O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e seguimento das materias pendentes.

 

·      Aclaración: A nota da 3ª avaliación non é unha nota final do curso.

 

O profesorado de cada materia informará ao alumnado nos días da 3ª avaliación das opcións para recuperar ou subir nota segundo se contemple nas modificacións de programacións que se fixeron para cumprir coa nova normativa e que están publicadas na páxina web do centro.

 

 

 

 

Becas NEAE e Fondo libros

 

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2022-2023

 

Publicado no BOE do 18 de maio do 2022

 

Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022

 

Quen a pode solicitar?:

 

·      Alumnado con discapacidade

 

·      Alumnado con trastorno grave de conducta e comunicación ou linguaxe

 

·      Alumnado con trastorno de espectro autista

 

·      Alumnado de altas capacidades

 

Procedemento: Cumprimentar a solicitude en sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación profesional. Unha vez cuberto, imprimir o formulario en pdf e presentalo no centro educativo onde o alumno vaia a cursar estudos o próximo curso, xunto con todos os documentos xustificativos requeridos (informes e certificados)

 

Máis información na páxina web: becaseducacion.gob.es

Para dúbidas: Consultar o departamento de orientación do centro.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html

 

DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 19 de maio ao 22 de xuño

 

MODO DE PRESENTACIÓN: A través da sede electrónica, da aplicación fondo libros ou na secretaría do centro.

 

Anexos para presentar no  centro:

 

Anexo I https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657532

 

Anexo II https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657531

 

NOVA CONCRECCIÓN CURRICULAR

Novos criterios de promoción e titulación

segundo a normativa nova de avaliación en

documentos do centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Concrecio%CC%81n%20Curricular%20Actualizacio%CC%81n.pdf

World News Illustration - Free Stock Photo by mohamed hassan on  Stockvault.net

 

 

Vila de Pitanxo

VALES MATERIAL.

Os vales para axuda de material están a vosa disposición dende hoxe na secretaría do centro.

ENTRADAS E SAÍDAS PARA O PRIMEIRO DÍA DE CLASE.

O alumnado de 1º ESO accederá ao centro pola porta da pista de baloncesto, situada na parte de atrás do edificio á esquerda.

O alumnado de 2º ESO accederá ao centro pola porta da pista de fútbol.

O alumnado de 3º e 4ºESO farán a súa entrada ao edificio a través da porta principal.

IMPORTANTE: en todas as entradas especificaranse os cursos que deben acceder por elas así como as listaxes de cada un dos grupos e os alumnos serán chamados polo profesorado.

INICIO DAS CLASES CURSO 21-22

As clases comezarán o vindeiro mércores 15 de setembro en horario de 8:30 a 15:00 horas para todo o alumnado.

A partir do luns día 13 publicaranse na páxina web as instrucións para o acceso ao centro.

ANPA

A ANPA estará aberta do 6 ao 10 de setembro en horario de 9.30 a 13.00 horas.

CALIFICACIÓNS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

O boletín coas calificacións da avaliación extraordinaria poderá consultarse a través de Abalar o día 6 de setembro a partir das 12.00 horas, sendo tamén posible solicitar unha copia impresa na secretaría do centro.

Lembramos que o prazo de reclamacións serán os días 7 e 9 de setembro de 9.00 a 13.00 horas. (O día 8 de setembro o centro permanecerá pechado por festividade local).

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

A devolución dos libros de texto para o alumnado con materias pendentes para a convocatoria de setembro e que solicitou o préstamo dos mesmos, deberá realizarse no momento de formalizar a matrícula.

PRAZO DE MATRICULA SETEMBRO

O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado coas materias para a convocatoria extraordinaria de setembro é do 6 ao 10 de setembro.

Distribuir contido